Os populares lograron o acordo unánime para solicitar ao Goberno a modificación da Ley de Costas porque “cos informes negativos que emitiu está a poñer en serio perigo tanto a execución dunha fábrica de salmón coma a nova EDAR, tan necesaria para Burela”
Burela, 3 de xuño de 2022. O Grupo Municipal Popular conseguiu sacar adiante as mocións que presentara ao último pleno para defender os intereses de Burela dende diferentes ámbitos: transmitindo as “xustas e factibles reivindicacións da ACIA e reclamando ao Goberno a modificación da Ley de Costas que está a afectar negativamente a Burela”. O voceiro, Manuel Rouco, subliña que “a formación popular foi a única, unha vez máis, en presentar mocións ao pleno corporativo”.
Os populares defenderon en diversas ocasións no pleno as demandas dos comerciantes, as mesmas nas que o equipo de goberno local se opuxo. Nesta ocasión, o BNG votou a favor da proposta do Partido Popular.
Por unha banda, “falamos da baixada de taxas. Neste caso, o señor Llano cometeu un desliz no pleno ao recoñecer por fin que as taxas subiron en Burela. Casualmente as que están asociadas á actividade económica e que, dun xeito ou doutro, inflúen na creación de emprego”. O Grupo Municipal Popular segue mantendo e “volve a convidar ao goberno a dar a coñecer a comparativa coas anteriores ordenanzas; xa que na nova ordenanza fiscal creada polo goberno socialista hai 15 conceptos para os que se subiron as taxas ou se crearon unhas novas, tanto para actividades lucrativas como non lucrativas”.
Sobre a limpeza de rúas e beirarrúas, “a percepción da asociación de comerciantes e do conxunto da veciñanza é que non se mellorou en absoluto a pesar da adxudicación do contrato da recollida do lixo e limpeza viaria feita polo goberno local cunha suba considerable do prezo con respecto á anterior”.
O Grupo Municipal Popular volveu defender, en relación á modificación do mercado semanal dos venres, “que se dialogue coas partes afectadas para poder chegar a un consenso xusto e razoable para todos. Neste punto, o señor Llano faltoulle ao respecto tanto aos membros da asociación de comerciantes coma aos comerciantes ambulantes ao manifestar que estaban sendo manipulados pola formación popular, como se eles non tivesen criterio propio”. Rouco considera “lamentable que o señor alcalde dea a entender que todos os que non estean a favor do seu ordeno, mando e fago saber van estar condicionados polo Partido Popular”. Nese sentido, “o que está a facer o señor Llano é poñer a venda antes da ferida de cara ás eleccións municipais; non tendo reparos en faltarlle ao respecto a quen faga falta”.
Os populares manifestan a este respecto que “imos estar sempre á escoita das necesidades dos diferentes colectivos da nosa vila, acudindo á chamada de todos eles cando o precisan e sendo o seu altofalante, no caso de que así nolo encarguen, ante a falta de resposta doutras formacións políticas”.
Outra das mocións presentadas polo Grupo Municipal Popular “foi a encamiñada a desatascar a problemática xurdida por parte de Costas do Estado que, cos informes negativos que emitiu, está a poñer en serio perigo tanto a execución dunha fábrica de salmón coma a nova EDAR, tan necesaria para Burela”. Esta iniciativa foi aprobada pola unanimidade dos votos da corporación local.
Orzamentos “optimistas, non realistas”
O Grupo Municipal Popular de Burela votou en contra da aprobación dos orzamentos municipais para o 2022 que o goberno local levou ao pleno “por fin”. O voceiro popular explica que se trata duns “orzamentos irreais porque calcan a estimación de ingresos do ano pasado no que o goberno local gastou máis do que ingresou. A desviación da relación ingresos-gastos foi superior aos 700.000 euros. É dicir, o goberno local recadou 700.000 euros menos do que esperaba; dando lugar a un balance negativo no exercicio 2021. E este ano volve pola mesma senda, desbordando un optimismo esaxerado as súas previsións e poñendo en serio perigo as xa de por si escasas arcas municipais”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



