Barreiros, 30 de xuño, 2022. O Concello de Barreiros oferta este verán un programa de visitas guiadas en diferentes localizacións do municipio. A través dos mesmos quérese mostrar a riqueza ambiental e cultural do territorio máis alá das súas recoñecidas praias a miúdo asociadas unicamente a un espazo de ocio e de innegable beleza paisaxística.
Así, dende a área de turismo, pretenden facer fincapé en espazos puntuais de costa e interior ricos en patrimonio cultural e natural. O obxectivo é cambiar as gafas coas que se visitan e se goza destes lugares. Descubrir a súa orixe para aprender a valoralos e preservalos. Poñer atención nos pequenos detalles para converter en algo extraordinario aquilo que, en aparencia, nos resulta simple.
Serán un total de dez visitas guiadas que terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto
Por unha banda, os alumnos e monitora do obradoiro de emprego Territorio Vivo amosarannos O Fráxil Fogar da Píllara das Dunas na contorna do sistema dunar de Altar. Será unha visita participativa dirixida a tódolos públicos, mesmo para os máis pequenos, na que se tocarán temas como os valores ambientais da ría de Foz-Masma, a formación e biodiversidade deste sistema dunar e da praia, e ademais falarase dunha ave especialmente ameazada que precisa da nosa colaboración para a súa supervivencia.
Por outro lado, da man do xeólogo Francisco Canosa percorreremos unha parte do litoral de Barreiros e descubriremos, de maneira didáctica e accesible a tódolos públicos, as orixes das rochas que pisamos e que enmarcan as nosas praias. Un paseo entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non nos deixará indiferentes.
Finalmente, achegarémonos ao Santo Estevo do Ermo para vivir unha inmersión na natureza, e retroceder milleiros de anos somerxéndonos na súa historia, patrimonio material e inmaterial e nas orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. Estará guiada pola técnica de turismo municipal.
Todas as rutas son gratuítas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse na recentemente estreada páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Non te perdas”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.
Dende o Concello agardan seguir dando pasos para ampliar a imaxe turística de Barreiros e poñer así en valor o patrimonio que, ás veces, semella estar agochado e que, sen embargo, se atopa moi presente entre todas e todos nós.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



