O sindicato propón incrementar os servizos ferroviarios de proximidade na comarca, con conexións intermodais mediante autobús na estación de Burela que conecten co Hospital da Mariña e institutos
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2022 Na mañá de hoxe, unha representación de CCOO reuniuse co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, para tratar a situación da liña ferroviaria de ancho métrico que atravesa a a comarca da Mariña. A delegación sindical estivo formada polo coordinador do sector Ferroviario de CCOO, Gregorio Bermejo, a secretaria xeral comarcal de CCOO, María José Novoa, e membros das seccións sindicais de CCOO en Adif e Renfe.
Segundo CCOO, desde hai «moitos anos», pero especialmente desde que Feve se integrou en Adif e Renfe, os investimentos «limitáronse a actuacións puntuais de mantemento». Proba disto é que existen limitacións de velocidade desde hai máis de vinte anos e cando hai temporais prodúcense numerosos incidentes en trincheiras e zonas de árbores.
Impulsar a intermodalidade
En opinión de CCOO, a oferta de servizos ferroviarios é insuficiente para a comarca, xa que só hai catro servizos por sentido e día entre Ferrol e Ribadeo, dous dos cales son conexión con Asturias. O sindicato pide realizar xestións para incrementar a oferta cun servizos de proximidade que, nalgún caso, terían que ser entre Ribadeo e Viveiro para atender as necesidades de estudantes, traballadores e demais usuarios.
O sindicato tamén demanda impulsar a intermodalidade mediante conexións en autobús na estación de burela para conectar co Hospital da Mariña e os institutos.
Incidencias nos servizos
Na xuntanza tamén se falou dos investimentos previstos, entre os que destaca a instalación do bloqueo automático (BLAU) entre as estacións de Ortigueira e Ribadeo —con continuación ata Cudillero, xa en Asturias—, o que provocará a desaparición do persoal de circulación das estacións, unha nova localización do apeadeiro de Barreiros e a construción dun apeadeiro á altura da praia das Catedrais.
Sobre isto último, Suárez sinalou que as xestións co Adif están «bastante estancadas», polo que CCOO se ofrece a pedir unha reunión coa dirección da empresa para axilizalas.
CCOO tamén informou o alcalde ribadense sobre as numerosas incidencias que se producen nos servizos ferroviarios, con supresións de liñas e transbordos. Isto débese a que unha parte da frota que se usa ten moita antigüidade, ao tempo que os trens máis novos «sempre deron moitos problemas por deseño de fabricación», ao que hai que sumar o «deficiente» mantemento pola falta de persoal e repostos.
Cambios na autovenda
Outro dos asuntos tratados é a licitación —por parte de Renfe— da substitución das máquinas de autovenda das estacións de Viveiro, Burela e Ribadeo por outras con conexión cun teleoperador. Farao unha empresa externa, o cal implica que non haxa persoal ferroviario de atención comercial presencial en toda a liña, «cuestión que prexudica especialmente aos usuarios de idade avanzada», advirte o sindicato.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.



