Burela, 29 de xuño, 2022. Xa se ocupou a vacante do posto con David Rial, un xoven adestrador de fútbol sala, con experiencia e formación das mellores escolas de adestradores e xogadores do panorama nacional.
Ten reputada experiencia como adestrador no primeiro equipo do Santiago Futsal, dirixindo ao combinado santiagués en segunda división española desde o 2019 ao 2021. Antes da súa etapa como técnico principal xa era 2º adestrador do equipo un ano antes. Tamén tivo experiencias no estranxeiro, pois foi adestrador asistente nos Bork Bullets kitakyushu da F League de Xapón.
David, deixou o seu pasou en primeira división exercendo de adestrador asistente do Santiago Futsal entre 2015-2018.
Por último, cuestión moi importante é que ten experiencia na dirección de equipos con novos talentos, tanto en elite como en categorías formativas. Neste punto, chegou a ser seleccionador galego U19.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


