Os asuntos a tratar serán as infraestruturas pendentes desde hai décadas nas que teñen competencias Xunta e Estado e que son vitais para o desenvolvemento da zona
A Mariña, martes 7 de xuño 2022. A situación na industria e no emprego na Mariña sigue sendo crítica. Despois de enésimas promesas incumplidas, moitas delas rachando acordos parlamentarios como foi o caso de Altri, a destrucción de emprego na comarca nos últimos dez anos acentuada co recente peche de Vestas e a incerteza sobre o futuro de Alcoa, sigue sendo a lousa que oprime a unha comarca referente industrial durante moitas décadas e que desde o 2009 en que o PP accedeu ao goberno da Xunta perdeu 1.000 empregos derivados dos numerosos Ertes e peches de empresas emblemáticas da comarca.
A falta de política industrial da Xunta que palíe esta situación, así como o déficit histórico de infraestruturas (da Xunta e do Estado) que vertebren a comarca e a sitúen en posición de igualdade con outros territorios agravan ainda mais a posibilidade de desenvolvemento da zona.
Infraestruturas vitais para o desenvolvemento económico e para o futuro da Mariña
Para o BNG, as infraestruturas de transporte terrestre e marítimo son vitais e despois de décadas de promesas de Psoe e PP non se pode contemplar feito nin un só tramo da A-74 Barreiros-San Cibrao, só 8 km da VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol, e ningunha intención de proceder ao rescate da concesión do Dique Norte para construir o porto comercial que tanto necesita A Mariña. E é básico tamén para fornecer de recursos económicos á Mariña, que se cree a Autoridade Portuaria de San Cibrao, segregándoa de Ferrol, que é quen leva prácticamente todos os ingresos que xera A Mariña a través do Porto de San Cibrao.
“A Mariña non pode permitirse seguir vendo como moitas iniciativas industriais desbotan esta comarca por non ter as infraestruturas axeitadas” manifestou o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, que tamén afirmou que “hai que ter en conta que ao final as decisións empresariais veñen determinadas polas circunstancias do territorio, que son as verdadeiras decisións politicas, ou cando menos, condicionantes das decisións políticas e empresariais”.
As reivindicacións do manifesto “Futuro para A Mariña” teñen que cumplirse
Estado e Xunta teñen que falar coa Mariña
“Por todos estes motivos o BNG considera necesario que o Goberno do Estado e a Xunta se reúnan o antes posible coa Mariña e falen coa Mariña, cos seus lexítimos representantes que son os gobernos municipais de cada concello e tamén cos axentes sociais e sindicais que baixo o lema de Futuro para A Mariña concentraron en Burela o 17 de novembro de 2021 a miles de mariñás e mariñaos na manifestación mais grande celebrada na comarca á que asistiron tamén os representantes políticos de Psoe e PP, e que puideron escoitar estas mesmas reivindicacións na lectura do manifesto “Futuro para A Mariña”, polo que agora Psoe e PP deben cumplir coa comarca, deixando de tirárense os trastos á cabeza buscando culpables en lugar de buscar solucións, e cumplindo dunha vez coa comarca que teñen abandonada” manifestou o deputado mariñao Daniel Castro que este mércores proporá no Parlamento que a Xunta de Galicia solicite ao Delegado do Goberno en Galicia unha reunión cos gobernos municipais da Mariña e coa plataforma “Futuro para A Mariña” para tratar sobre as infraestruturas pendentes correspondentes ao Estado, e así mesmo solicitará unha reunión nos mesmos términos ao Presidente da Xunta cos gobernos municipais e a mencionada plataforma.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



