A conselleira do Mar participou no acto inaugural da VII Sesión Plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca
Burela, 14 de xuño de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe no acto inaugural da VII Sesión Plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca (REGP), onde salientou o gran labor realizado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia desde a súa creación, o que os converte en referentes para toda Europa. A representante do Executivo galego destacou que os oito GALP da comunidade desenvolveron máis de 660 proxectos desde 2016 que supuxeron unha actividade económica de máis de 230 millóns de euros, preto dun 0,4% do produto interior bruto (PIB) de Galicia.
A titular de Mar puxo en valor a capacidade de xerar actividade económica destes grupos de traballo das zonas costeiras pois o impacto xerado por eles multiplicou por seis o volume de axudas recibidas. A Xunta concedeu apoios por valor de máis de 38 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para o desenvolvemento das distintas iniciativas e o sector privado aportou preto de 43 millóns, o que suma un total de 90 millóns de euros. Esa cifra dá un salto cualitativo ao estenderse o seu impacto ao conxunto da economía, con eses 230 millóns de euros e a creación de máis de 4.600 empregos directos e indirectos.
Rosa Quintana, que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, incidiu durante a xornada Deseñando o futuro do desenvolvemento local participativo na importancia de seguir afondando na aposta polos GALP, unhas entidades que son “un modelo de traballo e motivo de orgullo para o conxunto da comunidade como exemplo de éxito no eido da cogobernanza”.
Neste sentido, a conselleira lembrou que os GALP de Galicia integran 365 entidades como socias e que nos últimos anos lograron reforzar, entre outras cuestións, o papel dos pescadores na gobernanza local, a creación de empresas e emprego, a diversificación da actividade nas zonas costeiras e a innovación na economía do mar. Por iso, apostou por seguir apoiando ao sector para desenvolver proxectos que permitan elevar o coñecemento e o atractivo das profesións marítimas favorecendo a remuda xeracional, desenvolver medidas de adaptación ao cambio climático, contribuír á economía circular e reforzar o papel do sector na protección dos recursos.
Ante esta situación, a titular de Mar subliñou que Galicia xa está a traballar -e é unha das primeiras rexións costeiras en facelo- no deseño das estratexias de desenvolvemento local participativo e dos grupos de acción local do sector pesqueiro que rexerán no próximo período de programación financeira, o 2021-2027, correspondente co Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa).
O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente a orde pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o ano 2022 co obxectivo de que o sector teña os instrumentos axeitados para o deseño, preparación e elaboración das novas estratexias de desenvolvemento local participativo. Con elas a comunidade aspira a seguir avanzando na aplicación da economía azul e no impulso das comunidades pesqueiras e acuícolas.
A REGP
A Rede Española de Grupos de Pesca é un instrumento para a aprendizaxe e interacción entre os GALP e unha canle de información e difusión das actividades realizadas tanto entre eles como con outras redes europeas. Na actualidade está composta por 41 GALP de 10 comunidades autónomas.
A sétima sesión plenaria da rede celébrase entre hoxe e mañá na Casa da Cultura de Burela e conta coa colaboración do GALP A Mariña-Ortegal, ao que a titular de Mar agradeceu a súa implicación na organización dun evento que beneficiará ao conxunto de grupos de acción local de Galicia e de España.
Os GALP
Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) dan continuidade aos antigos grupos de acción costeira (GAC) e son asociacións sen ánimo de lucro colaboradoras da Consellería do Mar como axentes de desenvolvemento na aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da zona pesqueira e na xestión e control das axudas que se tramitan para o desenvolvemento desa estratexia.
A actividade dos oito grupos que hai en Galicia dentro do programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca contribúe a mellorar a transformación, comercialización e posta en valor das producións pesqueiras, ao desenvolvemento dun sector turístico sustentable, á creación de empresas e á xeración de emprego así como á diversificación do sector a través de iniciativas complementarias da actividade pesqueira como o turismo mariñeiro. Tamén contribúe á conservación e valorización do patrimonio natural e cultural marítimo-pesqueiro.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



