A Mariña, 16 de xuño, 2026. O Foro Social da Mariña organiza unha conferencia–coloquio titulada “Transporte, Mobilidade e Accesibilidade na Mariña: situación e alternativas”, que se celebrará o venres 19 de xuño ás 20:00 horas no salón de actos do CENIMA de Foz.
O relator será Miguel Pazos Otón, profesor titular de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela, integrante do grupo de investigación ANTE (Análise Territorial) e do IDEGA.
A sesión abordará unha análise profunda da situación actual da mobilidade na Mariña e presentará alternativas para mellorar o acceso da cidadanía aos servizos básicos. O contido estrutúrase arredor de catro bloques principais:
1. Punto de partida
– A Mariña funciona como unha “cidade lineal” de 70.000 habitantes, distribuída ao longo da costa e con ramificacións cara ao interior.
– Existen carencias importantes en transporte, mobilidade e accesibilidade.
– Estas eivas afectan tanto ás conexións co resto de Galicia como á vertebración interna da comarca.
– É necesario repensar o modelo, priorizando a accesibilidade aos servizos básicos mediante infraestruturas axeitadas e mobilidade sostible.
2. Análise da situación actual
a) Mobilidade exterior
– Tradicional illamento respecto do resto de Galicia, fronte á continuidade natural coa rasa cantábrica e Asturias.
– A Autovía Transcantábrica supuxo un avance, pero só beneficia plenamente a Mariña Oriental e presenta limitacións.
– Illamento ferroviario: o FEVE non está operativo con normalidade.
– Servizos de transporte público escasos e con tempos de viaxe pouco adaptados á realidade actual.
– Dependencia do coche privado ou de redes informais (familiares, amigos, BlaBlaCar).
b) Mobilidade interior
A pesar de que a estrutura territorial permitiría un bo sistema de transporte público, a realidade é moi deficiente:
– Illamento das persoas sen coche propio.
– As familias necesitan un ou varios vehículos, cun custo elevado nos seus orzamentos.
– Os máis prexudicados: nenos, maiores e persoas con poucos recursos.
– As grandes infraestruturas presentan eivas:
– A autovía A-8 péchase con frecuencia pola néboa no Fiouco.
– Só hai autovía entre Barreiros e Ribadeo.
– O tren de FEVE está abandonado e funciona con horarios obsoletos.
3. Diagnose
O obxectivo non debe ser só construír máis estradas, senón garantir que a cidadanía poida acceder facilmente aos servizos básicos: hospital, centros educativos, traballo…
Cómpre reforzar o ferrocarril, o transporte público e colectivo, e impulsar o transporte á demanda.
4. Propostas
– Algunhas das alternativas que se presentarán para mellorar a mobilidade na Mariña:
– Transformar o FEVE nun tranvía moderno, con altas frecuencias e adaptado ao carácter policéntrico da comarca.
– Impulsar servizos de transporte á demanda, combinando autobuses escolares e taxis rurais, especialmente para conectar co Hospital da Mariña e con núcleos como Ribadeo ou Viveiro.
– Unificar todo o sistema de transporte baixo unha única dirección e cun billete único, o que require unha actuación decidida da Dirección Xeral de Transportes da Xunta e a colaboración dos concellos.


















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



