Cervo, 18 de xuño do 2026. O Concello de Cervo e a Asociación Mar de San Ciprián deron un paso decisivo para garantir a conservación dun dos elementos patrimoniais máis singulares da localidade: a histórica mina submarina da II Guerra Mundial situada na zona de Miramar, na Pena Meá, no monumento á Armada. A actuación permitirá restaurar esta peza emblemática, que será trasladada ao Arsenal de Ferrol, onde a Armada levará a cabo os traballos de recuperación e conservación. Durante este período deixarase unha reprodución provisional no seu emprazamento habitual.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou esta mañá os traballos de retirada da mina, realizados con medios municipais, acompañada polo concelleiro Alfredo Fernández, así como por representantes da Asociación Mar de San Ciprián, entidade que, xunto co Concello, promove esta actuación destinada a preservar un símbolo da historia local.
A mina forma parte do monumento á Armada inaugurado en 1967. O artefacto chegou á costa de San Cibrao en decembro de 1965, arrastrado polas correntes e os temporais. Tras ser desactivada pola Armada, foi instalada na Pena Meá como recordo dun episodio histórico moi presente na memoria colectiva da vila.
A alcaldesa destacou que “esta mina é parte da nosa identidade colectiva e un elemento patrimonial de enorme valor para Cervo e para San Cibrao. Temos a responsabilidade de conservala nas mellores condicións para que siga formando parte da nosa historia e poida ser coñecida e apreciada polas futuras xeracións”.
Así mesmo, quixo agradecer “a implicación da Asociación Mar de San Ciprián e a colaboración da Armada para facer posible esta restauración, que permitirá poñer en valor un dos símbolos máis recoñecibles do noso patrimonio histórico e marítimo”.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



