San Cibrao, 17 de xuño de 2026. Esta tarde inaugurouse no Museo do Mar de San Cibrao a instalación textil “Nó que non esquece”, unha obra creada man a man entre Irene Trapote e as redeiras que gardan a técnica e a memoria deste oficio na Mariña.
A peza, creada dentro do proxecto “Facer territorio atando cabos”, comisariado por Sergio Marey, como símbolo de recoñecemento aos oficios do mar e reparación fronte á invisibilizacion histórica que relegou as mulleres a un segundo plano dentro do relato da cultura mariña.
O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García acompañou a artistas e redeiras na inauguración da obra, confeccionada con corda de cáñamo, impresión de fotografía de arquivo sobre loneta de algodón e fío de lá galega.
O responsable provincial sinalou que “o Museo do Mar incorpora de forma transversal á súa actividade didáctica e de dinamización esa perspectiva feminista, rescatando o papel das mulleres para a memoria colectiva en todos os ámbitos. A instalación desta peza avanza nese camiño de reparación, cando menos simbólica, poñendo en valor un oficio esencial para a actividade pesqueira”. Nesa liña, o deputado valorou que “a peza se crease colectivamente, coa participación activa das redeiras”.
Xunto á instalación textil, proxéctase o audiovisual “O primeiro eslabón”, un peza de 14 minutos creada a partir das voces das propias redeiras, que coinciden en describir a laboriosidade do oficio e a súa falta de recoñecemento malia ser imprescindibel para a actividade pesqueria.
Texto curatorial
Facer territorio atando cabos é un proxecto de investigación, memoria e creación colectiva arredor do oficio das redeiras da Mariña lucense. Desenvolvido pola artista Irene Trapote e co comisariado de Sergio Marey, o proxecto continúa unha liña de traballo iniciada pola artista nos últimos anos xunto ás redeiras de Camelle, na Costa da Morte, e posteriormente en Asturias e Euskadi, onde investigou a relación entre os oficios femininos do mar, o territorio e os procesos de invisibilización histórica asociados aos traballos realizados por mulleres.
A proposta parte da necesidade de facer visibles aqueles saberes que tradicionalmente quedaron relegados a un segundo plano dentro do relato oficial da pesca e da cultura mariñeira. O oficio das redeiras, imprescindible para o funcionamento da actividade pesqueira, foi durante décadas entendido como un labor auxiliar, doméstico ou complementario, malia constituír un elo esencial dentro da economía do mar. Desde esta perspectiva, o proxecto propón unha lectura crítica sobre a precarización dos oficios feminizados e sobre a desaparición progresiva dos coñecementos manuais e comunitarios asociados ao territorio.
A través do encontro coa Asociación de Redeiras de Burela e con varias redeiras xubiladas de Foz, Facer territorio atando cabos constrúe un espazo de escoita e transmisión interxeracional no que a memoria oral, os xestos do oficio e os materiais do propio traballo se converten en ferramentas de creación contemporánea.
A rede aparece aquí non só como obxecto físico, senón tamén como símbolo de vínculo, sostén e comunidade: unha estrutura que une corpos, tempos e experiencias compartidas. As pezas presentadas no proxecto funcionan como dispositivos de memoria que permiten facer emerxer relatos historicamente silenciados.
Tanto o audiovisual O primeiro eslabón como a instalación téxtil Nó que non esquece propoñen unha reflexión arredor da ausencia de recoñecemento destas mulleres dentro da cadea produtiva do mar, ao tempo que reivindican o valor dos seus saberes e da súa presenza na construción da identidade costeira.
Neste contexto, o museo convértese nun lugar de reparación simbólica e de encontro entre comunidade, patrimonio e creación contemporánea. Man a man, mar a mar non busca unicamente documentar un oficio, senón activar unha memoria viva capaz de conectar pasado e presente, poñendo no centro ás mulleres que durante xeracións teceron, literalmente, a continuidade da vida mariñeira.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



