Ribadeo, 28 de xullo de 2022. A firma Emerxe, que abriu recentemente na rúa Virxe do Camiño da vila ribadense, acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) Ribadeo e ofrece condicións vantaxosas para socios e socias do colectivo empresarial que lles permitirán aforrar no recibo da luz e do gas.
A empresa Emerxe pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan abaratar o recibo de luz e gas. Para iso ofrece un estudo da tarifa da enerxía con atención personalizada, permanente e directa, sempre co mesmo xestor autorizado, ademais dun estudo da factura para facer unha oferta personalizada co mellor prezo, buscando a tarifa máis axeitada e optimizando a potencia demandada para pagar o xusto.
O xerente de Emerxe Ribadeo, Beni Martínez, explica: “cremos que é un servizo moi bo e necesario nos tempos que corren. O que facemos é estudar a factura actual do cliente, ver cales son as súas necesidades e comparar as mellores ofertas de case todas as comercializadoras do mercado, co fin de ofrecer ao cliente a que máis se axuste ás súas necesidades. Ademais en Emerxe facemos estudos sobre instalación de placas como mellor alternativa para aforrar”.
Os interesados en contactar con Emerxe en Ribadeo poden facelo na rúa Virxe do Camiño, 20 Baixo B; no mail bmartinez@emerxe.es ou no móbil 607.72.43.61.
Acisa conta na actualidade con 144 establecementos asociados e un dos obxectivos da nova directiva “é incrementar pouco a pouco esa cifra, porque cantos máis sexamos mais actividades poderemos organizar e mais servizos poderemos prestar”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



