A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de aprobar dúas axudas que supoñen o 90% do orzamento dos proxectos de rehabilitación dos inmobles
Mondoñedo, 3 de xullo, 2022. O Concello de Mondoñedo rehabilitará dúas edificacións de titularidade municipal da rúa Rigueira para dirixilas a alugueiro social cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. De feito, o Instituto Galego de Vivenda e Solo vén de resolver a aprobación da solicitude cursada polo Concello ao abeiro da convocatoria deste 2022.
A Xunta de Galicia achegará un total de 64.191,92 euros que se corresponden co 90% do total do orzamento do proxecto para a rehabilitación integral das dúas edificacións que ascende a 71.324,35 euros. As obras deberán estar finalizadas, en ambos casos, o 6 de outubro de 2023.
O goberno local amosa unha vez máis o seu “compromiso coa rehabilitación e posta en valor do noso casco histórico”, unha das liñas de traballo que recolle a segunda fase plan ‘Mondoñedo, Municipio para Investir’. E, neste caso, destacan tamén un segundo obxectivo: “a posta a disposición de vivendas para aquelas familias que as poidan precisar ou que teñan máis dificultades para acceder a outro tipo de alugueiro”.
Con esta nova iniciativa, o Concello de Mondoñedo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda continúan a colaborar para a rehabilitación de vivendas para alugueiro social. Recentemente, a conselleira, Ángeles Vázquez, anunciaba a redacción dos proxectos de rehabilitación e dirección de obra dos 13 edificios adquiridos pola administración autonómica no casco histórico ao abeiro do Programa Rexurbe que ten como finalidade a súa recuperación para convertelos en vivendas de promoción pública.
Área Rexurbe
O Concello de Mondoñedo foi o primeiro de Galicia, en febreiro do 2020, en ter declarada unha Área Rexurbe que comprende o conxunto histórico do municipio e unha zona contigua que, na súa totalidade, supón unha superficie de 0,45 km2 na que se localizan 704 edificios e 915 vivendas.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



