Os populares din que o contrato do SAF, que leva tres anos caducado, non se renovará ata o final da lexislatura pola falta de xestión, pola incapacidade do goberno local e por non escoitar á oposición
Foz, 4 de xullo de 2022. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é un dos máis importantes que presta o Concello de Foz. A pesar diso, o goberno local manteno caducado dende hai tres anos e, a súa mala xestión, pode facer que non o estea ata o final da lexislatura. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O pasado xoves, no pleno ordinario da corporación municipal, asistimos a un novo esperpento protagonizado polo equipo de goberno de Foz; asistimos a unha nova mostra da incapacidade e da falta de xestión do goberno máis amplo e máis caro que nunca tivo o Concello de Foz. Tamén esta vez nun asunto importante e que xa denunciou o PP, concretamente o contrato do servizo de Axuda no Fogar, que leva máis de tres anos caducado”.
Castiñeira explica: “En marzo deste mesmo ano levaron a pleno este contrato e o PP dixo ao equipo de goberno que non se contara con el para preparar este contrato tan importante porque tiña grandes fallos: estaba desactualizado, a memoria económica estaba feita en xaneiro do 2021 e estabamos en marzo de 2022 e contemplábase un IPC do 1,5 cando nesas épocas estabamos xa no 8%”. Engade: “ Probablemente isto fora froito de recursos e alegacións tanto da patronal, das empresas de xestión de asistencia social máis os propios sindicatos. Iso foi o que pasou e agora o equipo de goberno trae a presa e por urxencia a desestimación desa licitación. Naquel momento non nos quixo facer caso”. Os populares propoñían “deixalo enriba da mesa e arranxalo, pero o alcalde e o BNG dicían que estaba todo ben”.
O portavoz popular di: “Perdemos tres meses e agora o equipo de goberno decide facer caso ao PP e volver a traballar sobre ese contrato. O malo é que imos acabar a lexislatura sen adaptar ese contrato. Os máis prexudicados neste caso son os traballadores, que teñen o seu convenio desactualizado, a propia empresa, que está a facer o traballo con prezos moito menores do que o tiña que facer e seguimos poñendo en risco este servizo que é un dos máis importantes”.
En resumo, segundo sinala Castiñeira, “unha mostra máis da falta de xestión e da falta de negociación e da falta de confianza na oposición, que traballa en positivo, que di as cousas ao alcalde con base na experiencia despois de gobernar oito anos; estamos a traballar sempre para mellorar o noso concello pero o alcalde prefire pasar o rodillo. Lamentamos esta situación, non nos alegramos, pero dálle a razón ao PP nas súas denuncias en marzo de 2022”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



