Así o decidiron no congreso local do Partido Popular no que participou a presidenta provincial, Elena Candia, entre outros cargos orgánicos da formación
Xermade, 8 de xullo de 2022. Antonio Riveira foi reelixido presidente do PP de Xermade por aclamación dos afiliados participantes no congreso local da formación celebrado este xoves. Á localidade chairega tamén se achegou a presidenta, Elena Candia -acompañada tamén polo coordinador xeral, José Manuel Balseiro e o secretario de organización, Javier Vázquez Prado- para trasladar o seu apoio á agrupación local e á nova directiva que se completa con Isabel Campello Ares como secretaria e Andrés Ares Ameijide, María Isabel Barro Millor, Laureano de Bernardo Paz, Mario Félix García Prieto, José Antonio González Alvariño, Arsenio José Paz Cibreiro, Alberto Pena Criado e Marta Rodríguez Criado como vogais.
Elena Candia agradeceu á nova directiva “a súa implicación” e púxose a disposición do novo equipo para que no 2023 “Xermade volva ter un goberno do Partido Popular, comprometido cos seus veciños e coas súas necesidades do día a día”. Para iso, a presidenta provincial defende que “o PP conta cun equipo que representa aos veciños de Xermade e con capacidade e vontade de traballo, sen dúbida, unha cualidade básica para defender o interese público”.
Frear a suba de impostos do alcalde
Antonio Riveira, pola súa banda, comprometeuse a seguir traballando por Xermade xunto aos compañeiros da directiva local “dende o diálogo e con humildade”. como é dixo, “a importante suba de impostos que aplicou o actual alcalde”.
“Nestes momentos, dende a oposición a un goberno socialista pasota, que non se interesa por favorecer o asentamento da poboación nin atender os servizos aos veciños e tampouco por promover a riqueza do noso municipio nin manter coidado o noso entorno natural”, sinalou.
O voceiro popular lamenta os numerosos proxectos paralizados en Xermade como é o caso do “PXOM aprobado inicialmente no 2015 por un goberno popular, un inventario de camiños deficiente que non hai que facer de novo porque non ten revisión posible, a estrada da Deputación Momán – Piñeiro aínda sen acabar a pesar de dez anos de promesas ou unha casa do maior anunciada sen contar coa Xunta e tamén paralizada. Xermade é un Concello sen goberno que, ademais, nos últimos tres anos fixo pagos con reparos de secretaría por un importe de preto dun millón de euros”.
Un proxecto para recuperar un concello que esmorece día a día
O presidente local sinalou tamén durante o cónclave que “o PP de Xermade defende unha xestión eficiente e responsable” e, polo tanto, “queremos ofrecer aos veciños unha alternativa de goberno de cara ás vindeiras eleccións municipais centrada en resolver os problemas reais da xente e non creando outros”. É dicir, para recuperar un concello que esmorece día a día”, matiza.
Riveira citou, entre outros obxectivos para o municipio, “a necesidade de dinamizar a actividade económica, atraer poboación e mellorar os servizos aos veciños de tódalas franxas de idade”. Así mesmo, aposta por “impulsar o potencial turístico e cultural de Xermade” porque “cremos no noso”, afirma.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



