Valentín García salientou o labor da Academia Xacobea “quen desde un primeiro momento toma a dirección da organización destas xornadas”
Santiago, 2 de agosto de 2022. O secretario xeral de Política Lingüítica, Valentín García, e o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, presentaron hoxe a programación das XVII Xornadas Mar por Medio, que se desenvolverán en Ribadeo entre o 16 e o 18 de setembro.
Unhas Xornadas que durante moitos anos valeron para a proxección, análise, debate e estudo do que é a Galicia contemporánea; fundadas polo que foi director do Centro de Estudos Galegos na Universidade de Oxford, John Rutherford, e que vinculou a este concello singular da mariña lucense aos máis altos especialistas na visión e no estudo pormenorizado de moitísimas temáticas diferentes.
O secretario xeral destacou que “tras un parón bastante máis grande do desexable, desde a Xunta de Galicia decidimos apoiar a reedición desta cita que durante o verán vai ser a que analice o feito xacobeo, os camiños de Santiago, e para iso puxémonos en contacto e colaboración coa Academia Xacobea”. Así salientou o labor da Academia “quen desde un primeiro momento toma a dirección destas xornadas, e coa colaboración de operadores locais de Ribadeo e a Universidade de Santiago, e a adhesión da Deputacion de Lugo e o Concello de Ribadeo fai posible que esteamos presentando unhas xornadas que cremos van ter unha gran aceptación, que contemplan moitos puntos de vista do Xacobeo”.
García afirmou que ademais desta temática que ten que ver cos camiños, cos peregrinos, haberá momentos para o lecer como é a actividade musical e tamén para facer unha referencia a unha poetisa ribadense da que este ano celebramos o seu centenario Luz Pozo Garza, a importancia da súa figura e da súa persoa estará presenta tamén nestas xornadas
Pola súa banda, Xesús Palmou amosouse “honrado de que a Academia que preside lidere a organización” destas Xornadas Mar por Medio, dacordo coa Xunta de Galicia, e a Universidade, coa colaboración ademais da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, “posto que entra dentro dos obxectivos e fins fundacionais da nosa Academia que son a investigación, estudo, promoción e divulgación do Camiño de Santiago”.
Unha xornadas, engadiu, “nas que se analizan diversos aspectos do Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo en xeral”, coa participación de catedráticos de diferentes universidades, Académicos entre os que se atopa o Deán da Catedral de Santiago, D. José Fernández Lago, e persoas expertas en cada un dos temas que se van tratar, como poder ser a xornalista Esther Eiros no eido da comunicación. Ademais dentro das diversas actuacións musicais cabe destacar a intervención de María do Ceo.
O programa das xornadas, que terán lugar entre o 16 e o 18 de setembro en Ribadeo, está xa completamento pechado e, a día de hoxe, 10 días despois da apertura de incricións, hai xa 40 persoas apuntadas e poden seguir facéndoo a través da web www.AcademiaXacobea.gal
Pola súa banda, o ribadense Manuel Balín, membro do comité científico das xornadas Mar por Medio, agradeceu á Academia Xacobea e á Xunta de Galicia que tivesen “a delicadeza de recuperar unhas xornadas que realmente formaban do buque insignia da programación cultural que tiña o concello daquela e que se deixou de organizar coa conseguinte perda para a programación cultural ribadense”. Calificou ademais de “excepcional” o programa confeccionado para a recuperación das xornadas que volven ao grande.
Desde o grupo municipal de Ribadeo faise unha valoración moi positiva da recuperación dunhas xornadas que formaban parte do buque insignia da programación cultural do concello. Os populares agradecen a Academia Xacobeo por liderar e recuperar estas xornadas cunha forte pegada en Ribadeo, e tamén a Universidade de Santiago de Compostela e ao rector por formar parte neste proxecto, pois fixeron posible que estas xornadas se volvesen virais.
O portavoz do grupo municipal, Dani Vega, agradece a Eduardo Gutiérrez, Carlos Rodríguez Andina, ex alcalde de la localidad, a Manolo Valín,membro do comité científico das xornadas do Mar por Medio e as demais agrupacións locais por seguir e darlle un valor engadido a estas xornadas.
Por último os populares quixeron agradecer a o director do Centro de Estudos Galegos na Universidade de Oxford, John Rutherford, pois fon que vinculou a xornada a este concello da mariña lucense aos máis altos especialistas na visión e estudo de moitas temáticas diferentes.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



