O obxectivo é comezar a traballar nas actividades culturais que acollerá Vilanova de Lourenzá co gallo da celebración das Letras Galegas 2023, dedicadas a Fernández del Riego
Lugo, 19 de agosto de 2022.- A Xunta de Galicia mantivo unha primeira toma de contacto coa asociación cultural Patrimonio Laurentino co obxectivo de comezar a traballar nas actividades culturais que acollerá Vilanova de Lourenzá, co gallo da celebración das Letras Galegas do ano 2023, dedicadas a Francisco Fernández del Riego. Na reunión participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a presidenta do colectivo, Remedios Gallo.
A xuntanza serviu para perfilar unha programación que, segundo apuntou Arias, “situará a esta vila mariñá, berce do intelectual homenaxeado, no mapa cultural de Galicia ao longo do vindeiro ano”, logo de que a Real Academia Galega acordase en sesión plenaria lembrar a figura deste autor lugués. Valentín García concretou que as accións previstas pola Xunta de Galicia a través do seu departamento “buscarán o seu recoñecemento histórico e a divulgación do seu traballo a prol da lingua e da galeguidade”.
Fernández del Riego naceu en Lourenzá en 1913, estudou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e en Madrid; foi un dos artífices da Editorial Galaxia, revista Grial e Biblioteca Penzol, ademais de impulsor de moitas outras actividades culturais e membro da nova xeración de intelectuais galegos que deron continuidade ao ideario do Grupo Nós, e tamén foi nomeado membro da Real Academia Galega.
Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios como a Medalla Castelao, Pedrón de Ouro e o título de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



