Organizada pola Fundación Expomar, a feira dos produtos artesanais e ecolóxicos celebrarase de venres a domingo na nave de redes do porto de Burela coincidindo coa XXXVI Feira do Bonito.
Burela, 4 de agosto, 2022. Tralo éxito da súa última edición en agosto de 2019, esta fin de semana volve celebrarse en Burela a vixésima edición de PRODUART, a Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar.
A directora do INTECMAR (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia), Covadonga Salgado Blanco, xunto co presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, inaugurarán este venres ás 17:30h na nave de redes do porto de Burela a primeira edición despois do parón obrigado pola pandemia.
Produart persiste como plataforma de exposición comercial-feiral para poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio. O evento pretende reflexar os valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición artesanal e patrimonio cultural, servindo como reclamo da actividade turística da zona, que busca a calidade e aposta por este xeito de vida.
A feira promociona os produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, cunha clara intención de estimular e fomentar iniciativas, recursos e produtos que se atopen no marco da economía sustentable.
Nesta nova edición destaca a celebración dunha conferencia sobre «A pesca ante a eólica mariña», problemática sobre a que debatirán o sábado ás 13:00h Torcuato Teixeira, portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, e Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías e Patrón Maior da Confraría de Burela.
Desde o venres pola tarde ata a noite do domingo, a nave de redes do porto de Burela acollerá a 44 expositores de diversa orixe, desde artesanía tradicional e produtos naturais-ecolóxicos, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.
O programa desta edición inclúe tamén actividades infantís, demostración de encaixe de bolillos e actuación musicais, que se suman á multitude de actividades de ocio que cada ano rodean á celebración da Feira do Bonito.
A entrada á feira é gratuíta e desde a Fundación Expomar agardan que esta cita sexa un novo éxito tanto de asistencia de público como de actividade comercial para os diferentes expositores, ademáis de agradecer a colaboración da Xunta de Galicia por medio da Consellería do Mar, da Deputación Provincial de Lugo, do Concello de Burela e de todos os patróns que forman o patronato da Fundación.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


