Está rodada no Concello do Vicedo e narra unha ficticia historia sobre a chegada de invasores de pobos nóridicos (viquingos) á praia de Area Grande – San Román. Entre o seu reparto destacan Isabel Blanco, Sergio Pazos ou Alfonso Agra.

Está rodada no Concello do Vicedo e narra unha ficticia historia sobre a chegada de invasores de pobos nóridicos (viquingos) á praia de Area Grande – San Román. Entre o seu reparto destacan Isabel Blanco, Sergio Pazos ou Alfonso Agra.
A actividade do 21 de marzo, está programada co alumnado do CEIP de Cervo, que fará entre outras actividades, da man dos técnicos municipais, unha plantación de árbores autóctonas e verá in situ como se realiza o control ecolóxico de especies invasoras, no Conxunto Hitórico Artístico de Sargadelos (será entre as 10:30 e as 12:00 horas). A continuación, nunha parcela municipal anexa ao CEIP de Cervo, os máis pequenos de infantil e primeiro e segundo de primaria, crearán un bosque de frutais enanos.
Nesta ocasión o Club de Remo Celeiro regateou con 2 tripulacións representadas por 14 remeiros, con estes resultados. Alevin Masculino: 4° posto da sua manga, 4° na xeral. Infantil Feminino: 3° posto da sua manga, 3° na xeral.
Será o vindeiro martes día 21, nos Claustros de San Francisco. Nel daranse unhas normas mínimas de Protocolo para ir coa Mantilla, así como a arte de poñela. Tratarase entre outros aspectos o peiteado, vestido, xoias etc. Sobre todo farase fincapé na colocación da peineta, mantilla e broche. O curso está aberto a todas as que desexen participar, poden ser ou non confrades da nosa Irmandade ou pertencer a algunha outra.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, e a Secretaria provincial de Organización, Pilar García Porto, xunto ao senador César Mogo, así como unha ampla representación do PSdeG que encabezou o Secretario Xeral, Valentín González Formoso, participaron este sábado en Madrid no Comité Federal do PSOE. O Secretario Xeral do partido e Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presidiu este comité para ratificar as listas electorais do 28M
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, asistiu hoxe na Fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo, á gala de entrega dos XX Premios COAG de Arquitectura, organizados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Isabel Rodríguez aproveitou para felicitar aos profesionais galardoados polos seus innovadores proxectos arquitectónicos e destacou o papel da arquitectura no desenvolvemento sostible do patrimonio, mellorando a calidade de vida dos habitantes nas cidades. Igualmente, puxo en valor o traballo do Colexio de Arquitectos de Galicia durante os seus 50 anos de traxectoria, asesorando e formando aos colexiados e colexiadas galegos.
Será no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 20h. Carmen Veiga repetirá como cabeza de lista aos comicios municipais de maio.
Estarán presentes nesta edición variedades de queixos como DOP Cabrales, DOP Gamoneu, DOP Afueg´l Pitu, DOP Casín, IGP los Beyos, DOP San Simón Da Costa, D.O.P Cebreiro, D.O.P Picón Bejes Tresviso, D.O.P Torta del Casar, queixos ecolóxicos, queixo con noces de Taramundi, e outros produtos moi demandados todos os anos como a Sidra Solleiro, o Viño de Cangas ou cervexa artesanal. Tamén estarán na feira artesáns de cuchillería de Taramundi e produtores agroalimentarios do concello con mel, pan, arandos, embutido...
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital