Lugo, 9 de agosto de 2022. O deputado Efrén Castro, o tenente alcalde de Foz Xavier Fanego, a concelleira de Mocidade de Foz Gema Méndez e o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira inauguraron este mediodía a mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa Rosalía”, que se poderá ver na Praza de Galicia ata o vindeiro 22 de agosto.
A exposición, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, celebra o medio século da apertura como museo da Casa da Matanza de Padrón, onde a escritora pasou os últimos anos da súa vida, en xullo de 1971, como resultado dun esforzo colectivo que implicou milleiros de persoas e institucións do país e da emigración en pleno franquismo.
“Un esforzo colectivo que uniu a todas e todos os galegos hai cincuenta anos e que nos debe seguir unindo” expuxo o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, durante a inauguración, na que agradeceu a acollida do pobo de Foz e o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo á itinerancia da mostra.
O tenente alcalde de Foz, Xavier Fanego, valorou a mostra como unha oportunidade para achegarse a Rosalía como emblema “da defensa do país e da cultura” e lembrou “a presenza no primeiro padroado da Casa de Rosalía do laurentino Francisco Fernández del Riego, que será homenaxeado polas Letras Galegas de 2023”.
O deputado Efrén Castro, que tamén incidiu no simbolismo de Rosalía para Galiza, enmarcou o apoio a esta exposición na programación desenvolvida pola Vicepresidencia da Deputación para difundir a figura de Rosalía con representacións teatrais, certames e pinturas murais que se desenvolven ao longo de todo o ano coa colaboración de concellos e asociacións culturais.
Durante o acto, as persoas asistentes plantaron unha camelia en homenaxe a Rosalía, que medrará na zona verde que rodea a Praza de Galicia.
A mostra, comisariada por Pepe Barro, autor da última renovación museolóxica da Casa-Museo de Rosalía de Castro, evoca coa súa estrutura distintas estancias dunha casa e repasa, en seis capítulos diferenciados, a historia da adquisición, restauración e musealización da Casa da Matanza.
– A casa e o tren: o porqué da elección da morada
– Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885
– Unha Casa santuario: as iniciativas da compra entre 1900 e 1940
– A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.
– O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e “ben vistos”
– A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, ábrese a Casa coas achegas de miles de galegas e galegos.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



