Viveiro, 1 de agosto, 2022. Na Praza Juan Donapetry, existe un paso que da acceso a varios garaxes e a unha instalación de Barras Eléctricas, situado entre os Nº 6, 5 e 11 da citada Praza. Segundo indica o Catastro, este paso é parte da vía pública e polo tanto o mantemento e limpeza corresponderíalle ao Concello de Viveiro. Sen embargo, o Concello non realizou tarefas de limpeza en anos, e moito menos algún tipo de obra de mantemento. Na zona acumúlase lixo e maleza, cheo de ouriños, o que provoca un aspecto de abandono total, fortes cheiros e incluso situación de perigo, xa que hai risco de caída de cascallos das edificacións en estado de abandono. Ademais, nos últimos meses estanse a producir actos vandálicos neste paso, no que apareceron raiados varios coches alí estacionados.
Por outra banda, as instalacións industriais que Barras Eléctricas Galaico Asturianas ten nos baixos do edificio de vivendas, e ao que dá acceso esta vía, datan do ano 1986. Aínda que é común observar tarefas de mantemento, os transformadores teñen riscos, especialmente en materia de incendios, polo que rogamos o Concello verifique, dentro das súas competencias, o correcto cumprimento da normativa da instalación que garanta a seguridade da veciñanza.
A todo isto, súmase unha contorna sumamente deteriorada e desatendida ao longo dos anos, cun lavadoiro que foi restaurado e que leva anos en estado de abandono, edificacións ruinosas e un longo etcétera de desleixos que xa foron denunciados e levados ao Pleno polo noso grupo en dúas ocasións, en outubro de 2021 e en decembro de 2017, sen que se tomara medida algunha por parte do Concello. Polo exposto, ROGAMOS:
. Que se proceda a limpeza e mantemento da contorna do barrio da Pontelabrada, especialmente o citado paso de vehículos e o lavadoiro.
. Que se garanta de xeito inmediato, a salubridade e seguridade da vivenda en estado de abandono, conforme ao Título II da Ordenanza de Policía o Bo Goberno.
. Que se inspeccione e informe da normativa de seguridade da instalación industrial de Barras Eléctricas nos baixos das vivendas, dentro das competencias municipais.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



