A Administración local segue a facer unha decidida aposta pola xestión pública “sendo o municipio de Galicia que máis servizos exerce de xeito directo”
Cervo, 27 agosto de 2022. O Concello de Cervo vén de aprobar en pleno os orzamentos deste ano cuxa cifra ascende a 8.374.551,77 euros.
Tal e como preciou a edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentamos uns orzamentos realistas, que responden aos principios da prudencia e da responsabilidade, co obxectivo sempre de seguir a prestar uns servizos públicos de calidade par a nosa veciñanza, cumprindo os principios da eficiencia e da eficacia na xestión do gasto público; e sen incrementar a carga impositiva á veciñanza.
Así –engadiu- estes orzamentos volven reflectir a clara aposta deste equipo de goberno pola xestión directa, o que sitúa a Cervo como o municipio de Galicia con máis servizos públicos (saneamento, recollida de lixo, abastecemento de auga, escola infantil, piscina municipal, entre outros). Nas contas tamén hai un incremento sensible nas partidas de servizos sociais (polo reforzo do servizo de axuda no fogar).
Afortunadamente, quedou superada tamén a crise sanitaria, o que nos permite volver a unha certa normalidade, e recuperar a actividade social, cultural e de lecer. Para o que se reserva tamén unha partida importante dentro do orzamento no capítulo de gastos corrente que ascende desde os 2.245.493 ata algo máis de 2 millóns e medio de euros.
Seguimos, así mesmo, estando ao carón do tecido social de Cervo, ofrecendo axudas directas ás diferentes asociacións e clubs deportivos que son máis fundamentais que nunca no día a día do noso Concello, e cuxa actividade tamén se viu tremendamente comprometida pola pandemia. Polo que estas axudas son un impulso para poder ir retomando a súa actividade. Así mesmo tamén se segue apoiar á comunidade educativa con axudas para o transporte, para os centros educativos, as ANPAS, e as familias.
No orzamento para este ano, tamén seguen a ter especial relevancia as políticas de fomento de emprego, cuxo exemplo máis significativo son as bolsas de formación remuneradas para a mocidade, para as que se destinan 140.000 euros do orzamento municipal.
O capítulo de investimentos supón un 19,88% do total dos créditos orzamentarios do Estado de Gastos. E é que este equipo de goberno ten plantexadas e en marcha unha serie de obras e actuacións de gran calado, moi importantes para este Concello que se materializarán nos vindeiros meses.
Un exemplo poden ser os pasos que se foron dando todos estes anos para tentar acabar co feísmo e recuperar espazos como o da Atalaia. Logo dun proceso administrativo e burocrático moi longo e prolongado no tempo, de anos, finalmente as xestión e o traballo están a dar o seu froito. O obxectivo deste equipo de goberno vai tomando forma e vaise materializar a curto prazo. Para elo, temos reservada unha importante contía do orzamento, ademais dos acordos que temos xa subscritos coa Xunta de Galicia para recuperar toda a contorna.
Outros proxectos contemplados de gran calado son o paseo peonil de Sargadelos ou a renovación das pistas de atletismo da Veiga, entre outras moitas actuacións, sen esquecernos do saneamento e do abastecemento de auga, porque queremos mellorar as infraestruturas e a calidade de vida da nosa veciñanza, tanto das zonas rurais como urbanas, desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio.
Esta contas manteñen as liñas que vimos marcando nestes anos baseadas na aposta polo mantemento da calidade na prestación do servizos públicos, pola vía da racionalización do gasto e do necesario cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



