Os populares replican á critica que o secretario xeral do PSdeG fixo ao labor da Xunta no rural na Festa da Malla de Meira, un concello que a pesar de ter maquinaria non acometeu aínda as tarefas de roza
Lugo, 28 de agosto de 2022. Con frecuencia, descoñecer o entorno xera risco de cometer erros en calquera actividade, pero moito máis en política. O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, coñece pouco a provincia de Lugo e, á vista das súas declaracións, coñece aínda menos o Concello de Meira, no que asistiu á Festa da Malla. Só por descoñecemento, e con ousadía digna de mellor causa, puido relacionar Formoso, sinala o PP da provincia de Lugo, a situación demográfica de Lugo coa xestión da Xunta de Galicia. En calquera outro concello sería disparatada tal afirmación, pero no de Meira, afirma o PP da provincia de Lugo, moito máis, porque o goberno dese municipio non atende debidamente ás súas responsabilidades e así causa graves inconvenientes aos seus veciños. Dous exemplos: non fixo os desbroces no rural e mantén pechado o centro de día. Igualmente, os populares recomendan a Formoso que, se de verdade está preocupado por asentar poboación no rural, faga valer a súa autoridade no partido con respecto ao alcalde de Pol, para que deixe de portarse de maneira despótica cos cidadáns; no PP supoñen que o secretario xeral coñece, aínda que só sexa polos medios de comunicación, recentes comportamentos inaceptables do alcalde de Pol, Lino Rodríguez.
O PP lucense destaca que o Concello de Meira dispón de maquinaria para levar a cabo as necesarias tarefas de roza no rural. Conta con tres desbrozadoras e dous tractores, pero, polo que se ve, non os utiliza. Polo tanto, está claro que o Concello de Meira non crea as condicións necesarias para facer atractivo o rural para residir; non crea as condicións para asentar poboación no rural.
Os populares din a Formoso que se coñecera o entorno no que fixo as indicadas declaracións sabería que Meira mantén pechado o seu centro de día. Nun territorio con poboación moi envellecida, os centros de día son recursos moi necesarios para a poboación.
No PP lembran a Formoso que a Xunta mellora as condicións de vida dos veciños de Meira, por exemplo, co Plan de Mellora de camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas, cun orzamento de 32.600 euros. Por poñer só outro exemplo, co Proxecto de Creación, Mellora e Ampliación de Servizos Básicos Locais, no que figura o acondicionamento do acceso entre Seixosmil, en Meira, e Cuíñas, en Ribeira de Piquín, orzamentado en 47.830 euros.
No PP de Lugo poñen de relevo que se o secretario xeral do PSdeG de verdade quere fomentar o asentamento de poboación no rural ten que empezar por conseguir que os alcaldes do seu partido traten con respecto aos cidadáns. No caso de Lino Rodríguez, alcalde de Pol, aínda está recente a denuncia dun lucense polo modo en que foi tratado no campo de fútbol, e aínda más próxima no tempo a queixa expresada por unha parella por como foi tratada polo alcalde cando preguntou polo protocolo de actuación en relación cun can abandonado. O PP di que estes comportamentos “son inadmisibles e están danando a imaxe do concello”.
Os populares recomendan ao socialista Formoso que, se de verdade está preocupado por asentar poboación no rural, se dedique a traballar con seriedade para conseguilo e deixe de usar esta cuestión como ariete para facer oposición á Xunta de Galicia. Indican que “dende logo, o concello de Meira non é un bo escenario para facelo”.
No PP están convencidos de que alguén no PSdeG asesora mal a Formoso e lle recomenda elixir concellos para os seus actos dirixidos polos peores xestores socialistas.




















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



