Os populares explican que “a sinalización vertical é difícil de ver ou incluso pasa desapercibida para os condutores” e lamentan que “en momentos de gran afluencia de xente se xeren discusións entre condutores e peóns”
Viveiro, 8 de agosto de 2022. “De nada serve establecer prioridade para os peóns nalgunha das rúas máis concorridas do casco antigo de Viveiro como é a avenida de Cervantes, se a sinalización non é suficiente para que os condutores dos vehículos coñezan as normas de circulación desa vía e, polo tanto, non as respecten creando situacións de risco para os peóns”. Así o consideran os populares viveirenses e así o fixeron saber no último pleno da corporación municipal dando traslado a moitas queixas veciñais.
O Grupo Municipal do PP de Viveiro propuxo, nese sentido, que o goberno local -en coordinación cos técnicos e a Policía Local- busque “a solución máis axeitada para dar máis visibilidade” á sinalización vertical colocada na marxe dereita á entrada da avenida: Os populares explican que “para os condutores dos vehículos procedentes da ponte da Misericordia pasa desapercibida e aos que entran dende o lado de Celeiro cústalles de ver”.
O voceiro, Óscar Rodríguez, sinalou que “moitos vehículos non respectan o límite de velocidade fixado en 20 km/h e moitos máis son os condutores que non respectan a preferencia peonil” o que supón “importantes riscos” e tamén “discusións entre uns e outros en momentos de gran afluencia de xente”.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



