Xove, 16 de agosto, 2022. Despois do grande éxito acadado no Festival Folk Celta de Ponte da Barça (Portugal) e máis no festival Almuenza Folk (Palencia) o gaiteiro e frautista pontevedrés Oscar Ibáñez chega este xoves 18 de agosto ás 22 h á Praza do Concello de Xove, dentro da programación das Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme, como parte dos concertos do Xacobeo, promovido pola Xunta de Galicia e o Concello de Xove. Entre agosto e setembro, e tamén dentro da programación do Xacobeo, está a levar a súa música aos concellos de A Lama, Pontevedra, Monterrei e Cortegada, Ourense; Padrón, A Coruña; e xa fóra deste ciclo a finais de agosto actuará na Xuntanza Internacional de Gaiteiros no Castelo de Monterrei, no que participarán algúns dos máis destacados gaiteiros e gaiteiras do mundo.
Oscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza una fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camino entre investigación e creación, que ten como resultado un nuevo e persoal son. Os seus comezos tiveron lugar nos grupos de música tradicional de Pontevedra Treboada, Pai da Cana e Celme, co que percorreu toda Europa participando en festivais internacionais de folclore, a docencia nos centros galegos de máis de 10 países de Europa e América e na súa participación nos concursos de gaita galega de maior prestixio, nos que obtivo máis de 40 premios.
A súa Tribo está formada por importantes músicos de longa e recoñecida traxectoria, que formaron parte das bandas dos artistas e grupos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Manuel Cebrián (Mercedes Peón), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; Carlos Castro (Budiño), batería e percusión; e Carla Villanueva (Oscar Ibáñez & Tribo), xilófono; e cinco gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son, dirixixos por Xosé Romero Miguéns, da saga familiar do célebre grupo Os Rosales de Asados, Rianxo.
Con esta formación realizou máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña); Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia); Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal); Festival Inter-Atlântico de Gaita de Foles (Ponte de Lima, Portugal); Festival Beltane (Perraes, Portugal); Festival Sons da Celtiberia (Vila Nova de Famaliçao, Portugal); Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia); Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña, Galicia); Festival de la Luz (Boimorto, Galicia); Festival Folk de Guísamo (Bergondo, Galicia); Festival Folk As Pontes (As Pontes de García Rodríguez, Galicia); Festival Internacional Celta Reino de León (León, Castilla y León); Festival Folk Canarias (Telde, Gran Canaria); Festival Sauga Folk (Colindres, Cantabria); Festival Folk Plasencia (Plasencia, Extremadura) ou o Festival Intercéltico d’Occidente (Tapia de Casariego, Asturias), entre outros.
Oscar Ibáñez participou en máis de 20 traballos discográficos entre os que destacan os seus discos en Solitario Alén do Mar (VIR, 2012), no que fusionou a música de Galicia e América Latina a través da emigración, E Aires de Pontevedra (Inquedanzas Sonoras, 2017), co que homenaxeou ao célebre gaitero de Viascón Ricardo Portela (1920-1992) co gallo do 25 aniversario de su pasamento. Como investigador publicou os libros-CD Os Montes de Lugo (Ouvirmos, 2007), O Quinteto Monterrey (Dos Acordes, 2009) e Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó (aCentral Folque, 2015). É ademáis ideólogo e promotor de eventos como Musgafol, Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva Gaitas de Fol do Noroeste, Juelles. Encuentro de Gaitas Europeas e Piperegrinos. As Gaitas do Camiño.
Na actualidade está a representar o seu espectáculo Da Terra, no que repasa os temas máis destacados dos seus traballos discográficos Alén do mar e Aires de Pontevedra, e no que tamén presenta algúns temas do seu novo disco, que gravará durante este próximo inverno, nunha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade nunha mestizaxe musical innovadora na que predomina a sonoridade celta.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



