Ribadeo, 9 de agosto de 2022. Expoñemos deseguido as datas máis significativas e os trámites, moi resumidos, do asunto do acceso á Illa Pancha polos veciños e visitantes. Non entramos aquí en outras graves irregularidades como é a falla de Estudo de Impacto Ambiental, preceptivo en Rede Natura 2000, a fosa séptica sen resolución dende agosto de 2018, o desdoblamento do proxecto, etc.
Véxanse as datas e os pasos deste proceso:
Decembro de 2103: A Autoridade Portuaria anuncia a posta en marcha do Programa « Faros de España ».
Febreiro de 2014: O proxecto da Illa Pancha chega a Ribadeo pero o Concello non informa ao vecindario.
24 de xullo de 2014 : O Concello informa favorablemente o proxecto pero non informa ao vecindario. Tampouco esixe a entrada libre, que xa era o momento para deixalo claro e non admitir nengún trámite máis sen que esto quedara sentado. Tampouco lle pon pegas ao uso exclusivo da illa para os usuarios dos apartamentos. Este é o primeiro documento do Concello en relación cun proxecto que xa levaba seis meses en Ribadeo
24 de abril de 2015 : O Sr. Alcalde de Ribadeo declara ao diario El País que o proxecto de Fomento é “un premio para Ribadeo” pese a que a porta estará pechada ao público.
30 de abril de 2015: Nace “Por Nuestro Faro” como un grupo de Facebook chegando en poucos días aos 700 afiliados. Recollida de sinaturas contra o proxecto, máis de 2600.
30 de xuño de 2015: Apróbase a concesión pola Autoridade Portuaria por vía directa, ou sexa, sen concurso público. O alcalde non di nada, o Concello non esixe o seu dereito a presentar un proxecto propio nen defende o dereito de outras empresas a concursar. O proxecto xa leva no Concello máis de un ano.
Xullo de 2015: Accións e movilizacións do colectivo Por Nuestro Faro. Manifestos baseados en Non á privatización, acceso libre a Illa Pancha.
Novembro de 2016: O Sr. Alcalde recoñece de palabra por primeira vez que o acceso a Illa Pancha debe ser libre “Esto non Grecia, as illas non se poden privatizar” (menudo desliz).
Decembro de 2017: O Concello concede a licenza de apertura dos apartamentos ca condición de que a porta da illa esteña aberta ao publico, pero este pequeno matiz non se comunica á opinión pública. Os apartamentos empezan a dar servizo exclusivamente ás persoas que aluguen unha habitación. A porta está pechada e o Concello non se comproba se se cumplen as condicións da licenza, ou sexa, se a porta está aberta ou non.
Xuño de 2018: O Colectivo Por Nuestro Faro solicita o acceso ao expediente do proxecto. O Concello non resposta en dous meses. O colectivo Por Nuestro Faro recurre á Valedora do Pobo Galego esixindo a aplicación da Lei de Transparencia. Os apartamentos levan medio ano funcionando ca porta de acceso pechada ao público e o Concello non o comproba.
Xaneiro de 2019: O colectivo Por Nuestro Faro accede ao expediente despois de seis meses de solicitalo porque a Valedora do Pobo Galego obliga ao Concello a cumplir a lei de transparencia. O colectivo descubre por primeira vez o documento de inspección onde consta que a porta estaba aberta as duas da tarde do día 1 de decembro de 2017 (¡qué casualidade!), o que deu pe a conceder a licencia de apertura.
Abril de 2019: O colectivo Por Nuestro Faro denuncia ao Concello que a porta sigue pechada despois de verificalo repetidamente. O Concello non resposta .
Xuño de 2019: O colectivo denuncia os feitos á Fiscalía de Mondoñedo.
Setembro de 2019: A Fiscalía resposta que a porta debe estar aberta dacordo ca lexislación vixente, pero non é delicto penal e remata a sua actuación. O colectivo publica a resposta da fiscalía. A porta segue pechada.
Outubro de 2019: O Concello comunica á concesionaria que debe manter aberta a porta da illa ao acceso libre da veciñanza e visitantes, e advirtea do posible uso do decreto 144/2016 da Xunta de Galicia que o faculta para suspender a lizenza de actividade por incumplimento das condicións, pero o Concello non aplica nengunha medida eficaz e a porta segue pechada. Neste momento xa van 21 meses cos apartamentos funcionando sen que o Concello tome medidas eficaces para cumplir as condicións da licenza.
Agosto de 2021: A porta de acceso á Illa Pancha ábrese a algunas horas para o acceso á cafetería. O resto do ano segue pechada, con algunha apertura esporádica.
Agosto de 2022: A Autoridade Portuaria esixe a ,apertura parcial da porta da Illa en horarios controlados.
En resumen, o Concello de Ribadeo nunca esixiu a apertura da porta de acceso á Illa Pancha por iniciativa propia. Cando o fixo foi polas denuncias do colectivo Por Nuestro Faro que demostrou a flagrante ilegalidade da situación. Ainda máis, deixou que actividade seguise durante 21 meses sen comprobar o cumprimento da licenza e cando tomou algunha medida foron simples notificacións, pero non se aplicou a lei que esixe o cumplimento das licenzas con peche da actividade en caso de incumprimento grave.
AVV POR NUESTRO FARO























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


