O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a deputada provincial María Loureiro, a concelleira Pilar Otero, o vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco Fraga; o profesor John Rutherford e o presidente da Academia, Xesús Palmou, inauguraron as actividades
Ribadeo, 16 de setembro do 2022. Case tres lustros despois da súa última edición, as Xornadas Mar por Medio retomaron hoxe a súa actividade convertendo de novo a localidade de Ribadeo en punto de encontro para a reflexión, o debate e a análise. A súa sesión inaugural reuniu esta tarde no auditorio municipal a organizadores, autoridades, relatores, colaboradores e aos asistentes que durante tres días participarán en un intenso e minucioso achegamento ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo desde ópticas diversas.
Coincidindo coa recta final deste excepcional Ano Santo bianual 2021-22, a Academia Xacobea asumiu o reto de dar continuidade ao traballo ao redor da cultura galega desenvolto durante as 16 edicións anteriores por iniciativa do profesor emérito do Queen’s College da Universidade de Oxford e fundador do Centro de Estudos Galegos desa prestixiosa institución, John Rutherford, tal como sinalou no acto inaugural e en presenza do propio Rutherford o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou. Xunto a eles estiveron tamén a concelleira de Cultura e Comercio de Ribadeo, Pilar Otero Cabarcos; a deputada provincial e responsable da área de Muller e Igualdade, María Loureiro; o vicerreitor do Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desexando aos máis de 30 relatores e os case cen participantes unhas proveitosas xornadas.
“No nome da Academia Xacobea quero, en primeiro lugar agradecer ás institucións impulsoras e colaboradoras destas xornadas a confianza ao encomendarnos a súa organización, pero tamén, e moi especialmente a súa extraordinaria achega, para que se poidan desenvolver con éxito: Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo, e Concello de Ribadeo, que nos acolle nestas dependencias”, sinalou Xesús Palmou no arranque da súa intervención. O presidente da Academia Xacobea explicou ademais que as Xornadas Mar por Medio, que nesta décimo sétima edición levan tamén por título O Camiño do Século XXI, “encaixan plenamente dentro dos fins e obxectivos da Academia Xacobea, é dicir, o estudo, a investigación e a difusión do Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo nas súas distintas facetas”. Así mesmo, Palmou enumerou os distintos temas que serán abordados durante os tres días que durarán estas Xornadas (o Camiño e a integración europea, as novas tecnoloxías, a evolución da peregrinación, a hospitalidade e as enfermidades no Camiño, o papel da muller no Camiño, etcétera) e destacou que os relatorios e mesas redondas complementaranse cun atractivo programa de actividades que permitirá lembrar e homenaxear á poetisa Luz Pozo Garza, visitar unha exposición sobre o Camiño de Santiago ou gozar da música en vivo da Coral Polifónica de Ribadeo, Rocío García Arias e María do Ceo.
Todas as autoridades que interviñeron no acto inaugural de hoxe tiveron palabras de agradecemento e recoñecemento para John Rutherford non só polo seu papel como impulsor das xornadas, senón tamén polo labor como embaixador desta terra que ten desenvolvido no Reino Unido. “Non só Ribadeo lle debe moito a John Rutherford, toda Galicia débelle moito por ter levado o galego a Oxford”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística. Valentín García felicitouse tamén pola recuperación destas veteranas xornadas, agradeceu o traballo realizado pola Academia Xacobea e destacou a importancia da colaboración entre todas as administracións. “Ribadeo volve ter o Mar por Medio, ese mar que non separa, senón que nos une porque permítenos navegar y achegarnos”, apuntou o representante da Xunta.
A concelleira Pilar Otero destacou tamén o valor que para Ribadeo ten a recuperación destas xornadas, e a deputada provincial María Loureiro centrou a súa intervención na importancia que o Camiño de Santiago ten en toda a provincia de Lugo lembrando que ademais de ser territorio de paso de catro itinerarios oficiais (o Camiño Francés, o do Norte, o Primitivo e o de Inverno) é tamén terra dunha ruta pendente de recoñecemento oficial, pero que pode xugar un papel crucial para o desenvolvemento do norte da provincia: o Camiño do Mar. Tamén o vicerreitor Francisco Fraga aproveitou a súa intervención para reivindicar o recoñecemento oficial doutra ruta que atravesa as terras lucenses: a Vía Küning. Ademais o representante da USC felicitou á Academia Xacobea polo éxito de convocatoria que están a ter estas Xornadas: “Hoxe en día resulta todo un éxito reunir a tanta xente nunhas xornadas como estas”, indicou.
Pola súa banda, John Rutherford agradeceu as palabras que lle dedicaron os presentes, pero quixo precisar que non foi el o fundador das jornadas hai xa tres décadas, senón que foi o daquela alcalde Eduardo Gutiérrez quen o animou a preparar unhas xornadas y que foi, así mesmo, o rexidor quen lles puso nombre. Tamén destacou o papel desempeñado por Manuel Valín.
Tras o acto inaugural, a primeira xornada proseguiu cunha conferencia da académica e catedrática da Universidade de Oviedo Josefa Sanz Fuentes sobre o Camiño de Santiago como elemento integrador de Europa, e cunha intervención sobre o Camiño de Santiago e as tecnoloxías por parte do director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa. Este último foi, ademais, o encargado de inaugurar a continuación a exposición sobre o Camiño de Santiago que se poderá visitar durante todo o desenvolvemento das Xornadas. O primeiro día de actividades concluíu cun concerto a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



