Lugo, 8 de setembro de 2022. A Concellería de Deportes do Valadouro iniciou os trámites para licitar as obras de equipamento e mantemento do campo do Árbol, que financiará coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O concelleiro de Deportes valadourés Eliseo Teijeiro e o deputado de Deportes Efrén Castroo asinaron o convenio de colaboración que canalizará o investimento, dirixido a mellorar as condicións de uso desta instalación deportiva fundamental para o municipio tanto para usuarios e usuarias como para o público que se achega a seguir as competicións e eventos que acolle.
As actuacións desenvolveranse no campo de herba artificial, no que xogan e adestran os equipos das categorías de base da Asociación Deportiva Río Ouro. A obra principal consistirá na instalación dunha grada cuberta con capacidade para acoller a todas as familias e afeccionados que seguen os adestramentos e os partidos.
Ademais, colocaranse dous banquiños de 8 prazas, postes metálicos e redes na parte posterior das porterías para evitar que os balóns saian fóra do recinto deportivo – a carón da LU-152 – e reporanse as cantoneiras de madeira que protexen o bordo das beirarrúas que rodean o terreo de xogo.
Eliseo Teijeiro explicou que “a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo permitiranos levar a cabo unhas melloras moi demandadas por parte das familias que usan as instalacións” e remarcou que “para nós é unha prioridade que os nenos e nenas do municipio poidan divertirse e practicar deporte nas mellores condicións posibles”.
O deputado de Deportes Efrén Castro sostivo que “unhas infraestruturas seguras e que respondan as necesidades dos usuarios e usuarias facilitan a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de base” e lembrou “que este tipo de investimentos en colaboración cos concellos complementan o apoio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, sobre todo a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.

