Impartirase no Centro de Formación Ocupacional a partir do venres 7 de outubro e está destinado a nenas e nenos a partir de 5 anos, homes e mulleres
Burela, 29 de setembro de 2022. O Concello de Burela informa do curso organizado pola Asociación Galega de Taekwondo Tradicional e Disciplinas Asociadas coa colaboración do Concello.
A actividade estará destinada a nenas e nenos a partir de 5 anos, podendo asistir sós ás clases ou ben cos pais e/ou nais. Tamén poden inscribirse persoas adultas.
Ofértase taekwondo infantil, competición, especial combate e defensa persoal específica para mulleres.
As reservas de praza realizaranse nas oficinas de información do Concello, con matrícula gratuíta. O custo da actividade serán 10€/mes.
Impartirase no Centro de Formación Ocupacional sito na avenida Arcadio Pardiñas,137 entresuelo en horario ou de 17:30 a 18:30h ou de 18:30 a 19:30h.
O curso inicia o venres 7 de outubro e finaliza en xuño.
Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 652 710 392.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


