O BNG enfronta este 25-S o seu 40 aniversario no momento no que se lle albiscan, interna e externamente, as mellores expectativas, sendo cada vez máis xente a que pensa que Ana Pontón pode presidir o goberno que saia das vindeiras elección nacionais. Unhas eleccións, porén, que poderían coincidir coas estatais na fin do 2023, o que , con todas as reservas, semella un elemento que podería favorecer ao PP .
Mais o primeiro chanzo a enfrontar pola organización liderada por Ana Pontón é o de consolidar os seus gobernos locais e avanzar substancialmente nas cidades e vilas galegas nas eleccións municipais do vindeiro maio. E isto vai depender de varios factores, algúns alleos ás soberanistas. No que éstes si poden coadxuvar é en ofrecer alternativas urbanas de goberno progresista que teñan capacidade de integrar parte substancial do voto socialista e do devalante voto mareante, ademáis de seducir aos sectores tradicionalmente abstencionistas. Nun conxunto de vilas medias e concellos pequenos o BNG habería integrar, quizais con fórmulas variábeis e axeitadas a cada territorio, grupos e sensibilidades que operan no mesmo ámbito do galeguismo progresista. E non só por maximizar as súas posibilidades de obter concelleir@s, senón para non perder opción ningunha cara a obter a máxima representatividade nas catro Deputacións. Deputacións que haberían desaparecer nunha Galicia ordenada institucionalmente a xeito, mais que no curto prazo constitúen un contrapoder a respecto da parcialidade do trato do Goberno da Xunta cos gobernos locais progresistas.
O momento político e económico é moi grave, para Galicia e para a Europa toda, coa guerra de Ucrania, a inflación e a recesión ás portas e coa extrema dereita ás portas de obter o Goberno italiano. Cómpre entender a conxuntura. Non é que a Galicia e a Europa de hoxe sexan moi distintas ás do 1982, senon que son distintas ás do 2005, 2009 ou mesmo 2011. Unha proposta soberanista, progresista, interclasista e transversal ha ofrecer uns valores e un programa distintos. Valores de inclusión, comunitarismo, integración e participación social e cidadá fronte á división, pasividade e individualismo desmobilizador no que se basean as propostas da dereita española.
Esta proposta esixe dun discurso dirixido á razón , convencendo da necesidade de novas políticas de defensa dos servizos públicos, de reindustrialización, reagrarización e resocialización, de dirección estratéxica canto á xestión da enerxía, auga e alimentos e ao ordenamento do medio rural. Mais tamén dun discurso dirixido ao corazón, que inspire, anime e motive. Que non agache os riscos, mais sinale alternativas e poña en valor ese valores da inclusión e integración con Galicia como referencia. Semellante ao que anima as exitosas experiencias de goberno de Euskadi ou Escocia.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



