Foz, 28 setembro de 2022. Este venres, día 30, comeza a segunda edición das xornadas San Martiño no Camiño, que organiza o Concello de Foz, cunha charla a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Carolina Casal Chico. Será na sala multiusos do Centro de Interpretación da Basílica ás 20 horas.
Carolina Casal Chico é licenciada en Historia da Arte é Museóloga, Xestora cultural, investigadora e docente. Actualmente é docente externa na Universidade de Santiago de Compostela, no Campus de Lugo, nos Cursos ensinanza regrada: IV Ciclo Universitario. Profesora nas materias de Historia da Arte e Iconografía, seminarios monográficos e o proxecto Camiños de Coñecemento e Experiencia provincia de Lugo e Ourense. Foi museóloga no Museo Diocesano Catedralicio de Lugo do 2012 ó 2018; historiadora na restauración da Igrexa Parroquial de San Pedro de Lugo, o Retablo da Nosa Señora do Carme, na igrexa de Santiago de Rubiás, nos Mixtos e O Pórtico da Gloria da catedral de Ourense, entre outros proxectos. Tamén foi consultora cultural, administradora e directora de proxectos na empresa Ars media, onde desenvolveu proxectos como a reconstrución en 3D da Capela de San Miguel de Celanova ou a publicación Rudesindus, centrada na figura do Bispo San Rosendo. Na súa labor de investigadora dende o ano 2003 ata a actualidade participou en mais de 40 proxectos, artigos e publicacións, destacando a da guía La Real Abadía de Samos. Un viaje a la espiritualidad del arte.
Carolina Casal falará este venres en San Martiño acerca dos ciclos pictóricos no Camiño do Mar, a serie de representacións que lidas xuntas dan un contexto á unha obra concreta. Moitos templos no Camiño do Mar teñen representación pictórica no seu interior, con temáticas relixiosas e nalgúns casos incluso marítimas.
Esta actividade foi presentada polo concelleiro focego de Turismo, Chema Linares, quen comentou: “que mellor escenario que unha xoia do románico para continuar cunha iniciativa que xa empezaramos o ano pasado. Trátase de realizar charlas, conferencias ou ben outras actividades entorno a esta temática do románico. Temos un rico patrimonio na provincia e tamén na Mariña, moitas veces descoñecido e que merece destacar e achegarnos así unha rama do coñecemento, o arte, moitas veces esquecida. Contamos así, con docentes, historiadores e investigadores que nos darán a coñecer desde diversas ópticas os diferentes aspectos deste patrimonio. Dous obxectivos impulsan esta iniciativa: por unha parte o coñecemento á par que promocionamos a nosa Basílica; e tamén impulsar o Camiño do Mar, hoxe recoñecido pola Igrexa”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



