Participan: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Galicia e A Rioxa, e colabora Navarra
Madrid, 14 de setembro de 2022. O Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo acollerá, do 16 ao 18 de setembro, o Encontro Internacional de participantes no proxecto Xacobeo. Un roteiro polos territorios do noso imaxinario organizado por Acción Cultural Española (AC/E) no marco do Xacobeo 21-22 (coincidindo coa prórroga extraordinaria do Ano Santo Xacobeo 2022) coa colaboración do Concello mindoniense.
Ao longo dos dous últimos anos AC/E desenvolveu este proxecto de carácter colaborativo e transdisciplinar. Neste marco, identificáronse ata un total de 118 manifestacións do Patrimonio Cultural Inmaterial e promovéronse nove intervencións artísticas en diferentes comunidades autónomas.
O proxecto Xacobeo. Un roteiro polos territorios do noso imaxinario ten como obxectivos: Dinamizar, desde a perspectiva cultural e artística, os camiños de Santiago que percorren o noso país; Identificar, recuperar, estudar e poñer en valor as tradicións e o coñecemento vinculados ao Patrimonio Cultural Inmaterial; e apoiar a creación artística que se realiza nos devanditos territorios, a través do desenvolvemento de proxectos nos que conviven arte, pensamento, tradición, e educación.
Dúas liñas de traballo complementarias entre si definen este proxecto. En primeiro lugar, a identificación e o estudo antropolóxico das diferentes manifestacións do Patrimonio Cultural Inmaterial do Camiño de Santiago e, en segundo lugar, o desenvolvemento dunha serie de propostas artísticas de carácter coral e multidisciplinar, vinculadas ás distintas manifestacións do patrimonio cultural inmaterial.
O Encontro, no que se darán cita medio centenar de expertos do mundo patrimonial, artístico e cultural, pretende reunir aos principais profesionais vinculados á liña de traballo en torno á arte, o patrimonio e ruralidades, para reflexionar sobre os diferentes modelos sobre o traballo colaborativo en contornas rurais e dar a coñecer os resultados do desenvolvemento do proxecto que AC/E desenvolveu durante os dous últimos anos.
AC/E quere poñer en valor a cultura oral, o coñecemento da contorna, a proximidade coa natureza, as tradicións, os rituais, as festas populares e todo un saber herdado que demanda novos estímulos.
Ao Encontro asistirán representantes das distintas institucións organizadoras e colaboradoras, concellos e municipios que participaron xunto ás distintas asociacións, investigadores, comisarios e artistas. Ademais, convidouse a profesionais internacionais expertos do mundo patrimonial e cultural.
Así, o venres 16, ás 16:00 horas terá lugar a benvida institucional e presentación do proxecto a cargo de Acción Cultural Española: Isabel Izquierdo, directora de programación, e os coordinadores, Elena Díaz, Pablo Álvarez de Eulate e Anael García.
Finalizada a presentación dará comezo (a porta pechada) as reunións e mesas de traballo entre os participantes en relación con diversos temas como: O Camiño de Santiago. Itinerario Cultural do Consello de Europa; O patrimonio inmaterial do Camiño de Santiago; Proxectos artísticos vinculados ao patrimonio inmaterial; A experiencia cidadá. Participación de mediadores, asociacións e colectivos implicados nos proxectos de Aragón e A Rioxa; Itinerarios do diálogo contorna á arte, o patrimonio e a cultura: Arte colaborativa e pensamento, Arte colaborativa e novas estéticas artísticas, Arte colaborativa e mediación, Arte colaborativa e financiamento, e Arte colaborativa e patrimonio cultural, entre outras.
“Se trata de un proyecto de proximidad, en torno al patrimonio cultural inmaterial de los distintos caminos de Santiago, que se expresa a través de acciones artísticas con un lenguaje actual, uniendo tradición y contemporaneidad. Es un proyecto con vocación de memoria, testimonio de las tradiciones de los territorios, que se proyecta en 2022 desde estilos artísticos muy diversos que conectan con la sociedad actual. En Acción Cultural Española hemos mimado este proyecto durante estos dos años porque suma valores sociales a la proyección de la cultura y el patrimonio dentro y fuera de nuestras fronteras”, sinala a directora de programación de AC/E, Isabel Izquierdo.
Xacobeo. Un roteiro polos territorios do noso imaxinario, organizado e producido por Acción Cultural Española (AC/E), conta coa colaboración do Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE) e da Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, do Ministerio de Cultura e Deporte.
Grazas á complicidade da Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas, e no marco do Consello Xacobeo, sumáronse a este proxecto, oito Comunidades Autónomas vinculadas ao Camiño de Santiago: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Galicia e A Rioxa, e a colaboración de Navarra. A participación das Comunidades Autónomas foi esencial, tanto na selección das manifestacións culturais, como no relativo á identificación de entidades e asociacións locais coas que traballar no desenvolvemento dos proxectos artísticos.
Este Proxecto non sería posible sen a axuda do Consello asesor: Josemi Arribas, Natalia Balseiro, Mateo Feijoo, Marta Oliveres e Fernando Pérez.
AC/E agradece a súa inestimable colaboración aos concellos de Quiroga, Vegadeo, Santa Eulalia de Oscos, San Martín de Oscos, Gijón, Plasencia, Fregenal de la Sierra, Hinojales, Cumbres Mayores, Encinasola, Mazcuerras, Carrejo, Cabuérniga, Tudanca, Arnedo, Munilla, Peroblasco, Arnedillo, Villamorón, Villegas, Jaca, Foncebadón, Mondoñedo, Plasencia, Enciso ye Préjano.
Igualmente agradece a colaboración do Xardín Botánico Atlántico de Xixón, Consejería de Servicios Sociales del Principado de Asturias, Consejería de Cultura del Principado de Asturias, Servicios Técnicos de la Universidad de Oviedo, Diputación de Cáceres, Concello de Quiroga, Deputación de Lugo, Biblioteca Municipal de Mazcuerras, Casa Museo de Tudanca, Museo etnográfico de Cabuérniga, Museo de la Naturaleza de Cantabria en Carrejo, Museo Etnográfico Textil Pérez Enciso, Complejo Santa María de Plasencia, Asociación Puentipiedra de Villegas, Asociación de Amigos de Villamorón, Asociación Socio Cultural de Comarca de Quiroga, Asociación San Salvador del Hospital, Asociación comercial e empresarial do Xeoparque Montañas del Caurel, Cofradía do Viño de Quiroga, Banda de Gaitas San Martiño, Coral Polifónica de Quiroga, Motoclub A Curuxa, Asociación Gastronómica Mangurrino, Vecinñs e veciñas de los Oscos, Vegadeo e Santo Adriano, Asociación de desarrollo rural Saja-Nansa, Forja-La Fragua Carrejo, Asociación cultural La Casa del Burro, Colectivo Memoria Alto Cidacos, MOMO Mundo de objetos y máquinas olvidadas, La Ponte Ecomuseo, Asociación Colectiva errante, Imago Bubo Rural Colectivo, Xinergia Metal y Diseño, Rompiendo Distancias, Asociación Econodos, SCSC San Cristóbal Street Culture, PACA Proyectos Artísticos, Fotos Mancuso, Hosca Artesanía en Piel, Fábricas de Hilados e Tejidos Marín Lacoste.
























Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.



