Ribadeo, 29 de setembro de 2022. A concelleira de Obras, Mónica Freire, acláralle ao grupo municipal popular que os traballos no barrio da Pega deron comezo hai dous meses e as da estrada do Faro hai oito. E considera que como concelleiros da oposición deberían ser coñecedores destes proxectos e do seu desenvolvemento.
A edil nacionalista dixo: “desde o goberno de Ribadeo comezamos a barallar a hipótese de que os concelleiros do PP son extraterrestres que, desde logo, non viven no noso concello. Porque estamos atónitos ante estas declaracións do Partido Popular, onde esixen o comezo das obras da Pega e da estrada do Faro, porque estes traballos están iniciados xa desde fai meses”.
Freire Rancaño manifestou: “os astrofísicos, para explicar a materia escura, esa que é invisible e esquiva, empregan os saltos espazo-tempo, estes fenómenos paranormais no que unha persoa, ou grupo de persoas, viaxa no tempo e aparece nunha realidade alternativa á nosa. Pois ben, semella que isto é o que lles acontece ao concelleiros do Partido Popular de Ribadeo, porque non se decataron que as obras do Barrio da Pega comezaron fai dous meses, e as da estrada do Faro, fai 8”.
A concelleira de Obras considera que “como concelleiros da oposición, deberían ser coñecedores destes proxectos e do seu desenvolvemento, xa que toda a documentación está á súa disposición desde fai meses. A conclusión que sacamos ao ler agora estas palabras de todo desacertadas, é que ou ben non teñen moitas gañas de traballar para saber do que falan e comprobar nas rúas as obras en marcha, ou ben coñecendo os proxectos aproveitan unha vez mais para mentir á veciñanza”.
Mónica Freire engadiu que “se o nivel de oposición do grupo popular é facer o ridículo desde xeito, o que lles aconsello é que pregunten antes de falar”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



