Esta medida afecta gravemente ao sector pesqueiro galego e á flota da Mariña
A Mariña, xoves 22 de setembro 2022. O pasado venres 15 de setembro facíase pública a decisión da Comisión Europea de vetar toda a pesca de fondo en 87 áreas da costa do Estado español, Portugal, Francia e Irlanda, expulsando dos seus caladoiros tradicionais a uns mil barcos, moitos pertencentes á flota galega e á flota mariñá, impedindo que os barcos con artes de arrastre, pincho ou volanta poidan faenar nun total de 16.149 quilómetros cadrados dentro dos que se definen 57 zonas consideradas espazos con ecosistemas mariños vulnerables e outras 30 donde non se especifica esa circunstancia pero que se consideran zonas sensibles. Decisión que o propio comisario de Pesca, Océanos e Medio Ambiente, Virginijus Sinkievicius anticipaba xa a finais do pasado 2021 coa escenificación pública do seu apoio á campaña que estaba en marcha naquel momento e que pedía a prohibición da pesca de arrastre.
A nosa flota, exemplo intenacional de boas prácticas
“E desgrazadamente cumpríronse as peores previsións para un sector que xa está sometido a unha estricta regulación e control e que xa non tén permitido tampouco pescar nos lugares donde hai ecosistemas vulnerables. Todos os esforzos da nosa flota pesqueira polo cumprimento da normativa lonxe de ser recoñecidos, son desprezados e demonizados. Unha flota que cumpríu e cumpre de xeito claro e riguroso todas as normativas de aplicación á súa actividade dende os regulamentos europeos ata os estatais ou internacionais así como as súas obrigas pesqueiras en relación cos TACs e cotas de aplicación, obrigacións de desembarque e descartes” manifestaba hoxe o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, que engadía tamén solidarizándose co sector pesqueiro mariñao, que “a nosa é unha flota que é exemplo internacional de boas prácticas e que con esta decisión da Comisión Europea vai ver mermada considerablemente unha parte fundamental dos seus caladoiros, mediante esta medida, totalmente desproporcionada, pouco fundamentada e aplicándoa de xeito indiscriminado para todas as artes e flotas”
O deputado mariñao no Parlmento Daniel Castro pronunciábase tamén ao respecto: “Galicia é a primeira rexión pesqueira europea, e en termos xerais, a frota galega representa ademais case a metade de toda a frota española, pescando en diferentes augas a nivel estatal, europeo e internacional, sendo exemplo de respecto aos convenios e normativas rexionais e internacionais, que no caso europeo, plásmanse na Política Pesqueira Común (PPC), ao tempo que nos últimos anos está a desenvolver iniciativas enfocadas á mellora da sustentabilidade da súa actividade. Non é casualidade que a situación dos caladoiros onde opera a nosa pesca se atope en rendemento máximo sostible”.
Outro golpe á economía da Mariña
Castro manifestou tamén que a aplicación destas medidas podería afectar a máis de 200 pesqueiros galegos, entre os que se atopan moitos barcos de Celeiro e Burela que faenan non só en augas das costas do Estado español senón tamén en Gran Sol e nas costas de Francia e Irlanda dedicándose ao pincho, ao arrastre e á volanta. “Se a pesca é un puntal da economía galega e do emprego, na provincia de Lugo e na Mariña ainda o é moito mais coas potencias pesqueiras que representan os portos de Celeiro e Burela, e máxime no actual contexto de crise industrial e de emprego que atravesa esta comarca”.
Reclamación xudicial contra esta decisión
Os nacionalistas anunciaron a presentación de iniciativas ao respecto en todas as institucións, Congreso, Parlamento Europeo, Parlamento de Galiza, Deputación e concellos. No Congreso dos Deputados Néstor Rego xa presentou unha PNL na que demanda ao Goberno do Estado iniciar de inmediato o procedemento de reclamación por todas as vias posibles, incluída a xudicial, contra esta decisión da Comisión Europea de prohibir a pesca de fondo en 87 zonas.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



