Debutan con goleada 5-1 en Vista Alegre
Burela, 24 de setembro, 2022. Comezaba o primeiro partido en Vista Alegre para o conxunto laranxa con moita intensidade e executando bo xogo. Terían ao longo do desenvolvemento dos primeiros 20 minuto varias opcións de anotar gol. As máis claras serían un taconazo de Nito que a punto estivo de entrar, e un cabezazo de Pitero que puido significar o primeiro gol do partido. Con todo, habería que esperar ata o minuto 14 para que o CD Burela FS inaugurase o marcador, cun disparo de Pazos colocado á rede. Non lle ía durar a alegría aos locais, porque minutos despois empataría A.Naranjo nunha boa xogada do CD Burela FS. No único descuido nesta primeira parte, ían sufrir gol. Iríase ao descanso finalmente con empate.
Segunda parte na que os laranxas foron superiores. Puxeron todo na pista para levar o partido, e non ía tardar Pazos en poñer por diante ao equipo cunha recuperación de balón que acabaría con disparo e gol. En cuestión de segundos, Pitero anotaría o terceiro para dar máis vantaxe, aproveitando unha segunda xogada e finalizando na portería. O CD Burela FS non cedía nas súas intencións de anotar goles, tería Pazos unha ocasión cun disparo ao pau, e posteriormente o mesmo conseguiría anotar o seu terceiro gol cun disparo raso tras unha asistencia de Isma pisando o balón e servíndolla en bandexa. Sairía nos últimos minutos o Alzira con xogo de cinco, con todo non ían conseguir reducir o marcador. Pitero puido poñer o quinto cunha ocasión clarísima, pero sería Isma o que poñería o definitivo 5-1 cun gol de vaselina tras aproveitarse dun Alzira desposicionado.
Ficha técnica
CD Burela FS: Bruno, Pazos, Lucho, Isma, Rikelme, -Cinco Inicial- Pitero, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Nito, Eloy e Kaluza
Family Cash Alzira FS: Joan, Rubi, N. Parreño, Carlitos, J.Peiró, Peloncha, Castejón, Pedro, Sena, A.Naranjo, Gabri, Gustavao
Goles: Min 14 Pazos 1-0; Min 16 A.Naranjo 1-1; Min 22 Pazos 2-1; Min 23 Pitero 3-1; Min 33 Pazos 4-1; Min 38 Isma 5-1.
Equipo arbitral: CALLEJA RUBIO, GARCÍA SCHMID, GUNTÍN GARRIDO, DOVAL RODRÍGUEZ
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado no pavillón Vista Alegre.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


