Este outono son 55 as entidades que teñen reservadas as súas viaxes pola provincia e na primavera foron preto de 1.800 persoas as que se beneficiaron da iniciativa provincial
Lugo, 27 de setembro de 2022. Veciñas e veciños de oito concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total unhas 165 persoas dos municipios de Lugo, Monforte, Begonte, Outeiro de Rei, Portomarín, Xermade, Alfoz e Riotorto as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.
Este martes, a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo e a Asociación de Veciños de Ribasaltas, de Monforte de Lemos, viaxan á Ribeira Sacra e á Mariña, respectivamente. As emprendedoras saíron de Lugo, con parada no Mazo de Santa Comba, antes de continuar a súa ruta cara a igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, asomarse ao miradoiro do Cabo do Mundo e facer un percorrido polo Miño nun dos catamarán da Deputación de Lugo. Os monfortinos coñeceron a Granxa Gayoso Castro da institución provincial para logo poñer rumbo a Burela, para visitar o porto pesqueiro e o barco-museo boniteiro Reina del Carmen. Desfrutarán das vistas panorámicas das praias de Foz dende o paseo marítimo e percorrerán a vila, rematando logo a viaxe visitando a basílica e o centro de interpretación de San Martiño.
Mañá mércores, a Asociación de Veciños de Montenegro de Baamonde, en Begonte, coñecerá a Granxa Gayoso Castro antes de viaxar á Mariña, e a Asociación de Veciños Ríos Miño e Ladra de Martul, en Outeiro de Rei, pararán no Pazo de San Marcos antes de continuar cara Sarria. O xoves, a Asociación de Veciños de Vilar Vilaxuste, de Portomarín, e o colectivo Amuraxe, de Xermade, serán as protagonistas do Coñece a túa provincia con viaxes a Barreiros e Ribadeo no primeiro caso, e Taboada e Chantada no segundo. Finalmente, o venres, as asociacións de veciños Pena Abaladoira O Pereiro, de Alfoz, e a de Santa Marta de Meilán, de Riotorto, viaxarán á Ribeira Sacra. Os primeiros con paradas en Sober e Monforte, e os segundos con cita no Saviñao.
Nesta segunda edición deste programa de viaxes da institución provincial, que comezou na primavera, xa se beneficiaron máis de 2.000 persoas. Este outono son 55 as asociacións e colectivos lucenses os que contan coas súas reservas para viaxar pola provincia ata o mes de novembro.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo.
Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



