O xantar tivo lugar despois da misa cantada polo coro Terra-Mar, participou o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, ademais doutros membros do equipo de goberno.

O xantar tivo lugar despois da misa cantada polo coro Terra-Mar, participou o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, ademais doutros membros do equipo de goberno.
O pasado sábado celebrouse o décimo quinto aniversario da Asociación cun xantar na Taberna de Sargadelos.
O obxectivo desta cita é reforzar os lazos entre as comunidades de Galicia e Asturais e atopar vías de diálogo que garantan a prosperidade dos dous territorios. Na cita participaron os presidentes da Xunta, Alfonso Rueda, e do Principado de Asturias, Adrián Barbón, que debateron sobre o actual escenario político, a cooperación entre ambos territorios, o turismo, a industria, proxectos europeos, infraestruturas e os retos que afrontan as dúas comunidades a medio-corto prazo.
O programa está patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. A escritora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, foi a encargada da actuación coas súas “Historias de arrepío”. A actuación destinouse aos 80 rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón.
O acto estará introducido por un dos protagonistas daqueles feitos, o viveirense Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.
Gozaron da incomparable beleza da costa entre Cuiña e Portocelo.
Durante a fin de semana houbo charla, visita guiada, baños colectivos na praia do Cargadoiro, xantar campestre, baile, música e monicreques, espectáculo de narración oral e circo. “Todo co obxectivo de recuperar tradicións perdidas e para desestacionalizar o turismo”, subliñou o alcalde, Dani Vega. Por outra banda, as nenas e os nenos foron os protagonistas do Mercado dos Domingos. Participaron nunha xincana e gozaron dunha fantástica mañá dominical arredor dos produtos da horta ribadense. A xornada estivo amenizada pola actuación do vivairense Joni Ramos.
Un total de 11 persoas voluntarias dedicaron a mañá a limpar un treito do Río Xunco, do que retiraron por volta de 30 kg de lixo. De entre os residuos que sacaron destacan unha batería, botellas e restos de vidro, tecidos e plásticos.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital