Foz, 24 de outubro de 2022. A décimo sétima edición da Rota Montes da Mariña, que organiza o Club Os Correcamiños 4×4, de Foz, foi presentada hoxe, luns, e celebrarase esta fin de semana, do venres 28 ao domingo 30.
Os organizadores explican: “despois de non poder celebrar os dous últimos anos esta gran cita do mundo do motor, Os Correcamiños volven esta fin de semana á carga coa proba máis importante a nivel estatal en número de inscricións. En dúas semanas xa esgotaran as 500 prazas para quads, motos e todoterreos. Acudirán participantes de toda España e tamén de Portugal para facer rotas polos montes (sábado) e probas de habilidade (o domingo a partir das 9 horas) no circuíto da antiga fábrica de Pardiñas en Fazouro. O público poderá ver como se desenvolven estes vehículos en varios puntos: o sábado pola mañá no cortafogos da Cazolga e na canteira de Teixeira; e o sábado pola tarde na canteira de Fazouro e en Brea”.





















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



