As carreiras están incluídas no circuíto +KmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Deportes
Barreiros, 13 de outubro de 2022. No día de onte, 12 de outubro, integrantes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Veciñal, e Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron as carreiras e andaina Monte Comado 2022 que terán lugar este sábado 15 e domingo 16 de outubro no municipio barreirense.
A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).
Ás 16:30 h. darase a saída da carreira “½ km vertical” dende o mesmo lugar, a praia de Arealonga, e na que os participantes ascenderán ao cumio do monte Comado en apenas 4 km superando desniveis que roldan o 40% nos puntos máis abruptos do percorrido.
Na mesma tarde do sábado, ás 17:30 h. terán lugar as carreiras infantís no alto de Comado onde haberá marcados distintos circuítos en función da idade das nenas e nenos participantes.
O domingo 16, ás 9:30 horas, terá lugar o prato forte do trail monte Comado, a carreira de 27 km. A saída terá lugar na Praza do Souto en San Miguel de Reinante e, desde aí, os e as atletas percorreran os montes do municipio barreirense ata completar un total de 27 km superando un desnivel de 1400 metros positivos. A saída do trail curto; o de 12k, terá lugar ás 11:00 horas desde a mesma Praza do Souto.
Ao peche das inscricións, a agrupación organizadora mostrábase moi satisfeita polo bo número de participantes que superaba as 250 persoas inscritas.
O evento está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, o Concello de Barreiros e Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e conta coa colaboración da Deputación de Lugo desde a Área de deportes; a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros; do Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Peña Barcelonista San Miguel, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



