Mondoñedo, 31 de outubro, 2022. A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo ven de presentar a Iª edición do BreaSon, unha programación que inclúe teatro, malabares, oferta gastronómica, concertos, magosto con foliada, entre outras. Os concertos principias serán na Praza da Catedral de Mondoñedo dende o 4 ata o 6 de novembro. Tódalas actuacións son de balde e para tódalas idades.
BreaSon así se chama o amplo plan de actividades de lecer, lúdicas e culturais realizado por esta asociación sen ánimo de lucro, para conmemorar o seu XXV aniversario.
“Queremos compartir con todas as nosas veciñas e veciños, amigas e amigos e con tódalas persoas que nos visitan, que estamos de aniversario. Cumprimos nada máis e nada menos que 25 anos, os rapaces e rapazas que formamos parte de XOLDRA medramos todos xuntos nesta asociación colaborando nun montón de actos da nosa cidade. O carnaval, o mercado medieval, as San Lucas, a carreira de fin de ano, os magostos, e participando sempre moi activamente en toda a programación cultural da nosa vila. E agora queremos devolver este agradecemento a todos cantos nos axudaron neste camiño, facéndoos tamén participes da nosa historia e por supostos da nosa celebración”, explican dende a asociación xuvenil.
“Por iso creamos O BreaSon. Serán 3 dias de actividades cheos de moita cultura, con música alternativa, teatro, malabares, magosto, cata de viño e incluso soarán as campás da Catedral. Todos formamos parte desta historia e queremos que as campás resoen tamén, e sexan testemuña deste XXV aniversario”, sinalan.
“Quedades todas e todos convidados a este pequeno festival que organizamos con moito cariño e no que levamos argallando dende fai moito tempo. A cultura, a música ou o teatro son sinais de identidade da nosa Asociación, por iso queremos que estean moi presentes na nosa programación, e por suposto que poidades desfrutar dela”, explican dende XOLDRA.
Agradecementos
“Tamén queremos aproveitar esta ocasión para dar as gracias a tóldalas institucións e organismos públicos que colaboraron e seguen colaborando a día de hoxe con nós nos para sacar adiante os nosos proxectos. Gracias por escoitarnos, deixarnos crear e seguir medrando”. Concretamente ao Concello de Mondoñedo, a Deputación de Lugo a través da área de Cultura, a Xunta e a entidades privadas como Abanca, e os bares de Mondoñedo O Porriño, O Palique, a asociación cultural o Pasatempo. Así como a tódalas persoas que colaboran con nós de xeito desinteresado.
Programación
A programación de BreaSon celebrase dende o 4 ata o 6 de novembro. As actuacións son para tódolos públicos e de balde.
O venres día de 4 de novembro haberá teatro no Auditorio ás 19:00 horas, coa obra “A vida tola de pajarito”, un espectáculo de Novo Circo da compañía Pistacatro. Ás 20:00 horas neste mesmo recinto actuará Cé Orquestra Pantasma un clásico da programación cultural das festas de Galicia. E remata a xornada co músico, guitarrista e compositor Viti Gutier no Porriño.
O sábado día de 5 de novembro é o día principal e con máis actuacións. A xornada comeza ás 12 da mañá coa exhibición de malabares de Kote Malabar. Ás 12:30 haberá cata de viños e ás 18:00 horas magosto que organiza a Asociación O Pasatempo con castañas, viño e chocolate de balde.
A partir das 21:30 a Praza da Catedral de Mondoñedo será o escenario das actuacións de HIGH PAW, ás 23:00 será LISDEXIA, ás 00:30 será o turno de THE RAPANTS e a partir das 02:00 BANANA JOE. Tamén haberá afteparty no Casino ás 03:00.
O domingo día 6 de novembro ás 13:00 horas comezarán a tocar as campás de Catedral para conmemorar a súa declaración como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial. E para dar peche ao BreaSon, ás 19:00 horas disfrutaremos no Auditorio da obra O terapeuta, da Asociación Pico do Castro de Foz. E así pecharemos o telón desta I edición do festival.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



