Será durante o partido do 29 de outubro en Vista Alegre e coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro
Burela, 25 de outubro, 2022. Este mes estivo marcado pola celebración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, un evento co obxectivo de sensibilizar e concienciar ás mulleres de todo o mundo, sobre a importancia de realizarse un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía canto antes.
Desde CD Burela FS promovemos e actuamos seguindo uns valores propios e deportivos que nos fan ser punta de lanza de moitas iniciativas, como a igualdade no deporte. Queremos axudar tamén nestas iniciativas tan importantes que serven para sensibilizar á nosa sociedade de temas moi necesarios, como o é a loita contra o cancro.
Por iso e coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro da Provincia de Lugo, decidimos crear unha Fila 0 para o noso seguinte partido en Vista Alegre, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de outubro.
Se quere colaborar con CD Burela FS e a campaña #ElRosaEsMásQueUnColor da Asociación Española Contra o Cancro, podes facelo mediante unha doazón na conta ES76 2080 0109 1130 4002 0244 indicando no concepto “FILA CERO 29-10”. As doazóns deben realizarse entre o 29 de outubro e o 5 de novembro.
Nas instalacións de Vista Alegre tamén estará dispoñible, durante o partido, unha hucha para doazóns accesible a todos os asistentes.
Fila 0 contra o cancro de mama
Colaboración entre CD Burela FS e a Asociación Española Contra o Cancro da Provincia de Lugo.
Durante o partido entre CD Burela FS – MSC Torreblanca FS en Vista Alegre – 29 de outubro ás 20:00h.
Número de conta: ES76 2080 0109 1130 4002 0244 (concepto “FILA CERO 29-10”) entre o 29 de outubro e o 5 de novembro.




















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



