A campaña, desenvolvida con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, destaca a importancia de coidar o medio ambiente e a saúde mediante a prevención
Burela, 14 de outubro de 2022. Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Recicla vidro por elas” en colaboración coa Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela. Unha iniciativa que ten como obxectivo mobilizar á cidadanía para reciclar envases de vidro co fin de coidar do medio ambiente e contribuír así cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama.
A partir do martes que vén, 18 de outubro, e durante as próximas semanas, un iglú rosa estará situado en Burela. Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos contedores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra.
Nesta ocasión, a campaña estendeuse por máis de 170 cidades de todo o territorio nacional como Sevilla, Valladolid, Zaragoza, Vigo, A Coruña, Murcia ou Logroño. Así pois, Ecovidrio instalou 400 contedores rosas por todo o país.
Ademais de contar con Sandra Ibarra, presidenta da Fundación, como embaixadora do proxecto, Sara Herranz uniuse á iniciativa e elaborou un manifesto titulado “Prometo coidarme”, para concienciar á cidadanía da importancia do coidado do medio ambiente e a autoexploración para a prevención deste tipo de cancro.
Pola súa banda, como símbolo da concienciación e solidariedade co cancro de mama, Agatha Ruiz da Prada deseñou un miniglú especial para a ocasión, no que se destaca o lema da Fundación Sandra Ibarra: “Cheas de vida”. O miniglú poderase adquirir a través da web Miniglú.es, e os beneficios destinaranse á Fundación Sandra Ibarra para contribuír á prevención e investigación do cancro.
A concelleira de Medio Ambiente en Burela, Toñi Eijo, informou desta campaña que se iniciará a vindeira semana facendo un chamamento “a todos os veciños e veciñas para que amosen o seu apoio á loita contra o cancro de mama, apostando pola prevención e visibilizando unha enfermidade que moitas familias viviron ou están a vivir de preto”.
Así mesmo, subliñou o apoio do Concello de Burela “a todas as iniciativas que conciencian e sensibilizan sobre asuntos que realmente son importantes, e que nesta ocasión suman dous aspectos fundamentais para a nosa sociedade: a nosa saúde e o coidado ao medio ambiente”. Rematou “enviando moito agarimo ás mulleres que están a pasar un momento difícil por esta enfermidade, non estades soas”.
Datos de reciclaxe de vidro en Burela
Segundo os últimos datos relativos a 2021, os habitantes burelenses reciclaron un total de 206,8 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 21,9 kg. Respecto á taxa de contenerización, Burela sitúase cunha media de 98 habitantes por contedor, contando cun total de 96 iglús para os residuos de envases de vidro instalados.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



