Nela farase unha presentanción dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L. O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia. A cita é ás 19h no Museo Histórico de Sargadelos.
Mariña Patrimonio organiza este venres unha conferencia que leva por título “Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña”
Mariña Patrimonio organiza este venres unha conferencia que leva por título “Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña”
Relacionado
-
A parroquia cervense de San Román celebrará as súas festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro
-
O Concello de Cervo investirá máis de 300.000 Euros do remanente de tesourería en diferentes actuacións nos núcleos da Senra, Castelo e Figueirido
-
Rematou o V Torneo de Pádel de Cervo