Pérez alerta tamén do “demoledor impacto” que suporía para a flota galega sumarlle a este veto a pretensión da UE de restrinxir a comercialización da quenlla, da que Galiza aporta o 90% ao mercado europeo
Santiago de Compostela, 26 de outubro 2022. O BNG esixe á Xunta a presentación dun recurso xudicial á Unión Europea co obxectivo de reverter a prohibición da pesca de arrastre para a flota galega e a empraza, ademais, á Xunta e ao goberno central a actuar contra as intencións da UE de prohibir a comercialización da quenlla, da cal Galiza é a maior provedora no mercado europeo.
A portavoz de Pesca, Rosana Pérez, recriminoulle á Consellería do Mar a súa demora na presentación de accións “esenciais para protexer á xente do mar”, un sector que “vén de comprobar como “se despreza o seu papel por parte do PP”. De feito, a deputada do BNG criticou aos Populares por “instalarse na inacción” malia anunciar aos medios de comunicación da presentación dunhas accións xudiciais das cales o Parlamento aínda non foi informado.
A Cámara, sinalou Pérez, xa aprobou dúas veces por unanimidade elevar iniciativas para combater esta inxusta decisión. “Temos o dereito de ser informados todos os grupos deste Parlamento se queremos remar no mesmo rumbo para defender o sector pesqueiro”, recriminou, e aproveitou para emprazar á Xunta a convocar “de xeito inmediato” o Consello Galego de Pesca.
A parlamentaria do Bloque reprobou ao Goberno do PP “que se instale na incoherencia e ande botando a culpa ás demais administracións, iso chámase actitude timorata”. Pérez lembroulle á Xunta “o seu deber” como Executivo dun País cunha das frotas pesqueiras máis potentes de Europa de “ir á cabeza” das reclamacións da xente do mar para protexer os seus empregos e un “sector esencial” para a economía galega, “independentemente do que faga o Goberno do Estado”, remarcou.
A ameaza da UE á pesca da quenlla azul
A deputada do BNG alertou tamén das intencións da Unión Europea de restrinxir a comercialización da quenlla azul baixo o argumento do seu parecido visual con especies de escuálidos protexidos. Esta prohibición tería un “demoledor impacto” para a frota galega e, apuntou Pérez, non se sustenta “en ningún informe ou avaliación científica, en ningún dos realizados indícase sobrepesca desta especie”, apuntou.
De feito, a prohibición da pesca desta especie está levando á “incerteza e a inquedanza” á frota de palangre en superficie xa que, remarcou a parlamentaria nacionalista, “Galiza aporta o 90% da produción europea de quenlla e entre o 60 e o 70% das capturas”. A flota galega, defendeu, conta con máis de 120 buques e arredor de 1000 tripulantes, cumpre co marco normativo e está sometida a uns estritos controis, polo que “non pode verse exposta a decisións sen evidencias científicas” porque, explicou, “de novo hai conflito entre o respecto ao medio ambiente e os tamén necesarios beneficios socioeconómicos”.
A parlamentaria do Bloque concluíu recriminando ao PP a súa “deixación en actuar ou sequera reclamar as competencias necesarias” e acusouno de “non mover un ápice pola xente do mar”. Ademais, emprazou á Xunta a “esgotar todas as vías posibles” para que estes ataques á frota galega sexan contestados en Europa.




















Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



