Actualmente están abertas as tres convocatorias do Kit Dixital. Para empresas de entre 10 e 49 traballadores, axudas de 12.000€; para pemes de 3 a 9 empregados, achegas de 6.000€; e de 0 a menos de 3 traballadores, bonos de 2.000€
Monforte de Lemos, 26 de outubro 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, avanzou este mércores que máis de 400 pequenas empresas da provincia, o 60% do total, de entre 10 e 49 traballadores, xa solicitaron o bono de 12.000 euros do Kit Dixital para dixitalizar os seus negocios. “Son un total de 4,8 millóns de euros os que o Goberno leva inxectado na provincia a través deste programa de axudas para transformar o noso tecido produtivo e facelo máis competitivo”, destacou Rodríguez.
A subdelegada, acompañada do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, puxo en valor estes datos nunha reunión hoxe con empresarios do municipio para informarlles sobre o Kit Dixital e animalos a solicitar os bonos do Goberno. “Son unhas cifras que valoramos moi positivamente porque as axudas están chegando ás pemes e autónomos lucenses cando máis o necesitan, demostrando a boa acollida deste plan do Executivo Central”, sinalou Rodríguez.
“O noso obxectivo é seguir transformando dixitalmente ao maior número de empresas pequenas da provincia, fomentando novas oportunidades de expansión e abríndose a novos mercados”, subliñou a subdelegada, quen lembrou que o Goberno destina un orzamento de 3.067 millóns de euros dos fondos Next Generation para dixitalizar a preto dun millón de pemes e autónomos en todo o territorio nacional os próximos tres anos.
Isabel Rodríguez explicou que estas subvencións do Goberno teñen como finalidade avanzar na dixitalización de áreas crave como presencia na internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.
Na reunión, celebrada na casa consistorial, participaron o presidente da asociación de empresarios P.I. O Reboredo, Miguel ángel de la Fuente, a delegada da asociación provincial de empresarios de hostalería e turismo da zona sur, Beatriz Vila, e o presidente do centro comercial urbano, Juan Carlos González.
3 liñas de axudas do Kit Dixital
Tal e como explicou Rodríguez, o Goberno ten abertas as 3 convocatorias do programa de dixitalización. Por unha banda, está a liña dirixida a empresas de entre 10 e 49 empregados. Debido á boa acollida da iniciativa, a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital decidiu ampliar seis meses máis o prazo de solicitude para esas empresas (segmento I), que poden solicitar o bono de 12.000 euros ata o 15 de marzo de 2023.
Por outra banda, o prazo para as empresas do segmento II (de 3 a 9 empregados) está aberto dende o pasado 2 de setembro durante doce meses. Estas micropemes teñen acceso a un bono de dixitalización de 6.000 euros.
Por último, o programa complétase cunha terceira convocatoria para negocios de menos de tres empregados e autónomos (segmento III), que poden solicitar un bono de 2.000 euros ata o 20 de outubro de 2023.
Solicitude dixital
As empresas interesadas poden solicitar as axudas na sede electrónica de Red.es. Baixo o lema “cero papeis”, Red.es deseñou un sistema de tramitación moi innovador que axiliza o proceso usando ferramentas de robotización e intelixencia artificial, polo que se pode solicitar a axuda sen achegar ningunha documentación, xa que será suficiente con que o empresario autorice a Red.es a consultar de oficio os requisitos e obrigacións requiridos para obter a condición de beneficiario. O catálogo de solucións de dixitalización pódese consultar na web www.acelerapyme.es




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



