A vicevoceira do PP de Ribadeo explica que “los vecinos acuden al ayuntamiento en busca de soluciones y el alcalde los echa de su despacho sin escucharlos”
Ribadeo, 21 de outubro de 2022. O aumento de graffitis nas fachadas dos edifcios en Ribadeo é unha realidade. Por iso, o grupo municipal popular propón “como ya se hizo en otros plenos” a colocación de cámaras de vixilancia que cumpra a normativa vixente e a coordinarción entre os axentes dos corpos de seguridade do estado e do concello para paliar este problema
A vicevoceira do grupo municipal de Ribadeo, Elena Sierra asegura que os veciños están fartos da presencia de graffitis nas fachadas dos edificios. Segundo Sierra, ante esta problemática acuden ao concello en busca de soluciónns e “el alcalde los echa de su despacho sin escucharlos”.
Neste sentido, os populares explican que son moitos veciños teñen que “pintar y repintar y volver a pintar” e o goberno do BNG non aporta ningunha solución pero “¿cómo va a aportar soluciones si tiene en una situación de total abandono los edificios públicos?”.
A popular recalca o mal estado en xeral dos edificios privados e os espazos públicos. “Les preocupa más la oposición que solucionar los problemas de Ribadeo, les da totalmente igual el estado de abandono en el que se encuentran el auditorio, la casa de la Ría, el puente de San Damián,o entorno los centros educativos, así como los distintos parques de la villa” di Elena Sierra.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



