O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, anunciou que, segundo o acordo da Executiva celebrada onte, os alcaldes e voceiros socialistas defenderán nos plenos iniciativas nas que recollen o rexeitamento social contra a centralización da cuarta dose das vacinas nos hospitais e esixen que o Goberno galego rectifique
Lugo, 5 de outubro de 2022. O Secretario Provincial do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, anunciou que os socialistas presentarán mocións nos concellos esixindo á Xunta de Galicia que vacine ás persoas maiores de 80 anos coa cuarta dose da vacina da Covid-19 nos centros de saúde ou PACs de referencia.
Así o acordou a Comisión Executiva celebrada onte pola noite, segundo informou Tomé Roca, co obxectivo de que o Goberno galego rectifique unha medida “que está provocando un grande malestar nos veciños e veciñas”, pois, “a diferencia do que se fixo nas campañas de vacinación anteriores, na que os maiores acudiron ó centro de saúde e PAC de referencia, agora obrígase a estas persoas a realizar nunha gran maioría dos casos un longo desprazamento de ida e volta, de moitos quilómetros, para poder vacinarse”.
Desta forma, os alcaldes e alcaldesas socialistas convocarán plenos extraordinarios para tratar esta moción, e os voceiros e voceiras do partido nos concellos solicitarán a convocatoria dunha sesión para debatela, recollendo así o rexeitamento social contra a decisión da Xunta de centralizar as vacinas nos hospitais.
Os socialistas, explicou o Secretario Xeral, opóñense a esta medida por varios motivos. “En primeiro lugar, porque entendemos que supón un problema e un trastorno innecesario para os maiores e para as súas familias. O longo desprazamento e as maiores dificultades que ten sempre unha persoa maior para manexarse nos hospitais obrígaas a ir acompañadas dun familiar para poder percibir a atención médica. En segundo lugar, porque a Xunta de Galicia, a través do Sergas, implanta na práctica un copago ós maiores para poder recibir a vacina, xa que teñen que pagar do seu peto o custe do desprazamento, co que a gratuidade da prestación sanitaria deixa de ser tal”.
Para o PSdeG, a decisión “é un novo castigo da Xunta de Galicia ao noso rural porque afasta dos veciños e veciñas un servizo público básico, dificultándolles gravemente o acceso a unha prestación á que teñen dereito de maneira totalmente gratuíta”.
Trátase dunha “medida nefasta e incomprensible”, asegurou José Tomé, “sobre todo para unha provincia coma a nosa, que é eminentemente rural e que conta cunha poboación cun alto grao de dispersión e de envellecemento”.
O PP recoñece o colapso da sanidade
Ante o malestar e as queixas dos usuarios e usuarias, o Sergas recoñeceu este martes que a fórmula de centralizar a vacinación nos hospitais emprégase para “aliviar” a carga de traballo nos servizos de Atención Primaria. Ese mesmo día, a Deputada do Partido Popular no Parlamento de Galicia Encarna Amigo recoñecía abertamente que “temos unha primaria saturada” e que “hai falta de médicos en moitos concellos”.
“Alegrámonos de que o PP recoñeza, por fin, a situación de colapso da sanidade pública, sobre todo da Atención Primaria, provocada pola Xunta de Galicia e que os socialistas levamos moito tempo denunciando”, manifestou o Secretario Xeral do PSdeG da provincia, quen lembrou que, “como consecuencia das políticas do PP, Lugo vén sufrindo ao longo da última década importantes recortes nos cadros de persoal de Atención Primaria e, a día de hoxe, o 80% dos centros de saúde ten graves carencias en materia de persoal, o que, evidentemente, afecta á calidade da atención que reciben os nosos veciños e veciñas”.
Frivolidade da Xunta
En resposta ás numerosas críticas contra este modelo de vacina centralizado, o Conselleiro de Sanidade vén de asegurar que as persoas maiores que non poidan acudir ás citas nos hospitais serían vacinadas nos Centros de Saúde e nos PAC na quenda de repesca. Unhas declaracións que, “ademais de demostrar falta de seriedade e rigor, son tanto como admitir que o Sergas puxo en pé un modelo que sabía de antemán que era deficiente”, afirmou Tomé Roca, “unha falta de planificación inadmisible despois de todo o que os nosos maiores levan soportado debido á pandemia”. “Non se pode xogar coa saúde dos nosos veciños dende a improvisación ou a frivolidade”, subliñou.
Os acordos propostos
“Os socialistas estamos sempre do lado da xente, traballando para mellorar a súa calidade de vida e denunciando as situacións que lles prexudican, como este novo castigo e discriminación contra os nosos maiores e contra o noso rural”, recalcou o líder do PSdeG na provincia.
Por todo isto, e ante o trastorno e o gasto que provoca ás persoas maiores e ás súas familias o sistema de vacinación centralizado nos hospitais, os grupos municipais socialistas na provincia defenderán unha moción coa que trasladan á Xunta de Galicia o seu rexeitamento e o dos seus veciños e veciñas ó modelo de vacinación centralizado nos hospitais que o Sergas implantou para subministrar a cuarta dose da vacina da Covid-19 aos maiores de 80 anos; esixen ao Goberno galego que rectifique e que vacine ás persoas maiores nos Centros de Saúde ou nos PAC de referencia, como se fixo en anteriores campañas de vacinación da pandemia; e reclámanlle que reforce o persoal dos propios ambulatorios ou PACs para poder subministrar alí as vacinas ou que equipos de sanitarios se vaian desprazando polos distintos centros para vacinar aos maiores.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



