Ribadeo, 22 de novembro de 2022. Cento dezaoito alumnas e alumnos de tres centros de ensino ribadenses asistiron ás charlas sobre o uso e abuso dos xogos de azar impartidas por Xerardo Rodríguez, da asociación Agalure. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freira, agradece a súa participación e a implicación dos centros para poder desenvolver estas actividades que se enmarcan no Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos.
A edil ribadense explicou que “onte, 21 de novembro, tivemos a honra de ter con nós a Xerardo Rodríguez, coordinador de programas da asociación Agalure e gran loitador en todo o que se refire ao xogo patolóxico e ludopatía. Xerardo non só axuda a enfermos e enfermas de ludopatía que acoden a esta asociación, senón que desenvolve charlas por centros e ensino de toda Galicia, e incluso do resto de España”.
Mónica Freire contou que “as actividades de onte, foron en realidade 5, xa que se realizaron en grupos pequenos, porque deesta maneira, o traballo co alumnado é moito mais efectivo e próximo. Xerardo Rodríguez estivo con 4º B primeiro e 4º A despois no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, para posteriormente desprazarse ao CIFP Porta da Auga co alumnado de FP Básica. Xa en horario de tarde estivemos no Sagrado Corazón, primeiro con 4º A e despois con 4º B”.
A concelleira de Servizos Sociais relatou que “Xerardo fixo unha charla dinámica na que o alumnado foi moi participativo e se debateu sobre os xogos de azar vs os xogos de habilidade, sobre o uso, abuso ou adicción, ademais de contar testemuñas reais de persoas con esta problemática, que ve a miúdo na sede que a asociación ten na Coruña”.
Freire Rancaño tivo palabras de agradecemento para o ponente e para os centros que participaron nesta actividade: “queremos agradecerlle o seu esforzo e que dedicara mais de 5 horas do seu tempo ao alumnado destes tres centros. Por outra parte, o noso profundo agradecemento aos centros de ensino, equipo directivo e docente, e en especial aos departamentos de orientación por facilitarnos tanto a organización deste evento adaptándose e flexibilizando horarios e datas para que se puidera realizar nun mesmo día”.
A concelleira engadiu que “sobre esta temática pódese atopar toda a información na páxina web de Agalure e nas nosas redes sociais se queredes estar informados desta e outras actividades ademais de novas sobre adiccións son @adiccionsZeroRibadeo, tanto en Facebook, como en Instagram”.






















A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



