O proxecto suporá a remodelación integral da vía que discorre polo centro da vila, coa dotación de novas beirarrúas, a rehabilitación do firme, a sinalización e melloras no alumeado público
Lugo, 16 de novembro de 2022. A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana os traballos de mellora na Avenida Principal do concello da Pastoriza. Trátase dunha obra na que a institución provincial inviste preto de 350.000€, que conta cun prazo de execución de 3 meses, e que afecta á estrada provincial LU-P-4401, ao seu paso polo centro da vila, dende o inicio da vía ao punto quilométrico 1,550.
O proxecto suporá a remodelación integral da rúa, coa dotación de novas beirarrúas, a rehabilitación do firme, a instalación de nova sinalización mediante marcas reflexivas brancas e a mellora do alumeado público.
Esta actuación complementa outro proxecto valorado en máis de 300.000€, xa en execución, para arranxar o pavimento de preto de 11 quilómetros nesta mesma estrada, que conecta á Pastoriza con Muimenta por Reigosa.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, sinalou que a LU-P-4401 é unha estrada cunha importante relevancia social porque atravesa o núcleo da localidade. “É unha vía moi empregada pola veciñanza da Pastoriza, pero tamén pola de Cospeito e Castro de Rei, así como por aqueles que se desprazan pola comarca chairega”, sinalou. Ademais, a vía dá servizo a varias instalacións deportivas, como o polideportivo, as piscinas municipais da Pastoriza e o campo de fútbol do Acebreiro, onde xoga habitualmente o UD Pastoricense.
“A mellora das comunicacións é unha prioridade para este Goberno”, subliñou Tomé Roca, que detalla que a institución provincial defende a mobilidade “como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia, porque unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural”. A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.
A Deputación de Lugo destina este 2022 ao concello da Pastoriza preto de 1,3M€ a través de diferentes vías de actuación que melloran os servizos e calidade de vida dos veciños e veciñas.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



