Nesta edición haberá multitude de sectores representados, desde festas gastronómicas e históricas ata destinos enogastronómicos
Mondoñedo, a 10 de novembro de 2022. O Concello de Mondoñedo promociona estes días os seus produtos gastronómicos e a súa oferta turística na Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Será a vixésima terceira edición dun salón dedicado á gastronomía e ao turismo de Galicia no que se dan cita anualmente os mellores restauradores e empresas turísticas, un evento único para os profesionais do sector que se desenvolver ata o día 13 de novembro no Recinto Feiral de Ourense.
O Concello está promocionando os recursos do municipio, as súas festas e, sobre todo, os seus produtos gastronómicos. Desde a Alcaldía destacan que a gastronomía “é un dos piares fundamentais para Mondoñedo pola súa famosa tarta, a calidade do pan e os produtos da horta, sen esquecer as carnes”.
Por outra banda, “o noso municipio conta cunha variada oferta turística”. Entre os valores que posúe está a súa riqueza natural, con rutas de sendeirismo que permiten percorrer paraxes de gran beleza paisaxística; o seu patrimonio etnográfico; un amplo patrimonio arquitectónico e cultural do que o Camiño Norte do Camiño de Santiago é un claro exemplo, sendo unha parada obrigada a Catedral basílica da Virxe da Asunción de Mondoñedo.
XXIII Feira Internacional de Turismo Gastronómico
Nesta edición os sectores representados na feira serán os destinos enogastronómicos, produtos agroalimentarios de calidade, festas históricas, denominacións de orixe, produtos gourmet, arte gastronómico, servizos para hostalería, viños e bebidas de calidade. Ademais, haberá conferencias, talleres e degustación de produtos típicos de Galicia.
O horario da feira será de 12.00 do mediodía a 01.00 da madrugada entre o 10 e 12 de novembro. E o domingo 13 o horario variará de 12.00 a 18.00 horas.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



