A exposición Os nosos castelos: Castro de Ouro e o Mariscal Pardo de Cela poderá visitarse ata o vindeiro 22 de decembro e pretende dar difusión tanto ao monumento como á figura e familia de Pardo de Cela
Lugo, 26 de novembro de 2022. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres en Alfoz na inauguración da mostra Os nosos castelos: Castro de Ouro e o Mariscal Pardo de Cela. Na cita, que tivo lugar precisamente no castelo do concello mariñán, Rivera Capón puxo en valor a cultura e o patrimonio como elementos dinamizadores da economía da provincia.
A Deputación achega 42.000€ este ano a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos para financiar diferentes actuacións no Castelo de Castro de Ouro. “Temos un claro compromiso coa defensa e coa promoción do noso rico patrimonio, desa herdanza milenaria que pasa da cultura castrexa ós restos romanos, do románico e o Camiño de Santiago ó noso barroco ou a arquitectura de indianos no século XIX”, sinalou o Deputado, para quen “coidar do patrimonio é unha obriga, pero tamén unha ferramenta para desenvolver políticas transversais de cultura e turismo que abran novas posibilidades ao noso rural”.
Agradeceu nese sentido o traballo do Alcalde, Jorge Val, e do seu equipo de goberno por poñer en valor e conservar o castelo, sinalando que este tipo de recursos turísticos “conservados e postos en valor, poden ser un importante elemento para dinamizar a economía local”.
Tamén agradeceu aos organizadores da mostra, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o “seu traballo para divulgar e poñer en valor todo o noso patrimonio material e inmaterial con propostas coma esta”.
No acto que tivo lugar esta tarde, o Deputado estivo acompañado do Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, e o director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Pablo Otero Piñeyro Maseda, entre outras autoridades. Xuntos participaron tamén na entrega de premios dun concurso de debuxo sobre o Castelo de Castro de Ouro no que participaron escolares e que formaba parte desta iniciativa.
Os nosos castelos: Castro de Ouro e o Mariscal Pardo de Cela poderá visitarse ata o vindeiro 22 de decembro. Unha iniciativa que pretende un dobre obxectivo: por unha parte dar difusión ao patrimonio histórico e monumental do Castelo de Castro de Ouro no seu lugar de asentamento e afondar na figura e familia do mariscal Pardo de Cela. Tamén se organizarán obradoiros de heráldica, impartidos nos centros escolares, para que o alumnado poida deseñar o seu propio escudo familiar.
























A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



