Barreiros, 3 de novembro de 2022. O domingo 6 de novembro celebrarase a gala final do I certame de teatro amador “Convida no rural” organizado polo Concello de Barreiros xunto ó Colectivo Cultural Ollomao e que conta co financiamento da área de Medio Rural da Deputación Provincial.
Ás 19:30 h. comezará a gala na que se darán a coñecer os premiados/as das diferentes categorías; mellor actriz de reparto, mellor actor de reparto, mellor actriz principal, mellor actor principal, premio especial do público e o premio á mellor obra.
Logo da entrega dos galardóns, a gala continuará coa actuación do grupo de teatro Ollomao que representará a obra “O Documento”.
A organización informa de que as persoas integrantes dos grupos que participaron no certame terán asentos reservados polo que, para o resto do público que desexe asistir a gala, haberá aforo limitado ata completar as localidades dispoñibles.
A lista de nominados/as queda da seguinte maneira:
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO
Andrea Rodríguez e Lucía Senra (Farándula velutina)
Yolanda Lozano (O aturuxo de Melpómene)
Clara Iglesias (Disfunción continua)
PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO
Juan Couto (A Adala)
Jorge Manchado (A Adala)
Xoán Padín (O aturuxo de Melpómene)
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ PRINCIPAL
Cristina Hipólito e Laura de la Torre (A Cholón)
Luisa Oroza (A Adala)
María Porto (Disfunción continua)
PREMIO AO MELLOR ACTOR PRINCIPAL
Juan José Vázquez (Teatro Mariñán)
Luis Miguel Orcajo (El duende de Lerma)
Ramón Ángel Ares (A Adala)
PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
Vivan os noivos (A Adala)
Es tu vida. Húndela como tu quieras (A Cholón)
A pena do cu do mundo (O aturuxo de Melpómene)
PREMIO Á MELLOR OBRA
Es tu vida. Húndela como tu quieras (A Cholón)
El lazarillo de Tormes (El duende de Lerma)
A pena do cu do mundo (O aturuxo de Melpómene)






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



